A Seguridade Social perde 6.500 afiliados en setembro

Con todo, mantén as cifras por riba do millón de cotizantes (1.013.888).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2018 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

A Seguridade Social perdeu o setembro en Galicia unha media de 6.500 afiliados, o que supón un descenso do 0,64%, aínda que as cifras mantéñense por riba do millón de cotizantes (1.013.888).

Número de afiliados á Seguridade Social en Galicia setembro 2018
Número de afiliados á Seguridade Social en Galicia setembro 2018 | Fonte: Europa Press

Segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o descenso máis significativo en termos porcentuais deuse en Lugo, cunha caída do 1,33% e 1.662 cotizantes menos. En Pontevedra, pola súa banda, caeu un 0,57% (-2.041); na Coruña un 0,54% (-2.353) e en Ourense un 0,43% (-444).

Así, por provincias, son 431.672 as persoas dadas de alta á Seguridade Social na Coruña, 355.185 en Pontevedra, 123.334 en Lugo e 103.697 en Ourense.

En variación anual, os afiliados en Galicia creceron un 2,18%, o que supoñen 21.628 máis que en setembro de 2017. Esta cifra incrementouse un 3,1% en Pontevedra, un 1,98% na Coruña, un 1,21% en Lugo e un 1,04% en Ourense. Por réximes, ao xeneral correspóndenlle 779.958 cotizantes (746.071 do subtipo xeral, 26.869 do sector do fogar e 7.018 do agrario), hai 212.271 autónomos e 21.659 traballadores do mar.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, a Seguridade Social gañou en setembro unha media de 22.899 afiliados (+0,1%), o seu terceiro mellor dato neste mes desde o ano 2000, até situarse o total de ocupados en 18.862.713 cotizantes.

No último ano, o número de cotizantes aumentou en 526.551 afiliados, a un ritmo do 2,87%, impulsados principalmente polo Réxime Xeral, que sumou 489.743 traballadores desde setembro de 2017 (+3,2%), e polo Réxime de Autónomos, que gañou no último ano 37.398 afiliados (+1,1%), o seu maior repunte do tres últimos exercicios.

Como adoita ser habitual tras o fin da temporada estival e o comezo da actividade escolar, a educación foi o sector onde máis creceu a afiliación en setembro, con 53.308 ocupados, mentres que hostalaría e comercio protagonizaron os maiores descensos ao perder 39.227 e 31.963 ocupados, respectivamente.

No noveno mes do ano o Réxime Xeral gañou 20.135 afiliados, un 0,1% máis que en agosto, até un total de 15.539.604 cotizantes.

Pola súa banda, o Réxime de Autónomos (RETA) sumou 4.395 ocupados en setembro (+0,1%), o seu maior repunte neste mes desde 2007, situándose o total de afiliados a este réxime en 3.253.670 traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta