En liberdade o detido por gravar a mulleres nas rúas de Santiago despois de declarar

O home de 34 anos detido o pasado mércores por gravar a mulleres polas rúas de Santiago que logo subía a páxinas pornográficas quedou en liberdade na mañá deste venres após prestar declaración no xulgado de instrución número 2 da Coruña, en funcións de garda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

O home de 34 anos detido o pasado mércores por gravar a mulleres polas rúas de Santiago que logo subía a páxinas pornográficas quedou en liberdade na mañá deste venres após prestar declaración no xulgado de instrución número 2 da Coruña, en funcións de garda.

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Segundo informaron fontes xudiciais, as dilixencias do caso quedarán en mans dos xulgados de Santiago que, ao longo da instrución, determinarán se existe delito e, no caso de que así sexa, que tipo constitúe. A Policía Nacional cifra en 17 as vítimas que se coñecen até a data.

O home, de 34 anos e veciño da capital galega, foi arrestado na noite do mércores logo de recibir "numerosas" denunciadas por parte de mulleres novas, algunhas delas menor de idade, que aseguraban que foran gravadas sen o seu consentimento cando ían pola vía pública en Santiago.

Así, como apunta a Policía Nacional nun comunicado emitido este sábado, varias mulleres acudiron á comisaría de Santiago o pasado martes para formular denuncias nas que aseguraban que un home se dedicaba a gravar vídeos nos que "enfocaba o traseiro" a mozas novas que paseaban pola rúa e, posteriormente, subía o material a páxinas pornográficas.

As forzas da orde iniciaron unha investigación para dar co presunto autor dos feitos. Os axentes lograron identificar a este individuo grazas á súa "pegada" dixital en Internet.

Finalmente, o home foi detido na noite do mércores na cidade da Coruña. A Policía procedeu a rexistrar dous domicilios relacionados co arrestado, nos que foi intervido "gran cantidade" de material informático, como discos duros, cartóns de memoria, un portátil e un télefono móbil co que supostamente gravaba os vídeos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta