O aumento das horas de formación de FP en empresa suporá unha "perda de calidade", di a CIG

O sindicato critica o anuncio da Xunta sen telo consultado cos sectores implicados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2024 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino mostrouse "moi crítica" ante o anuncio feito polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, de aumentar ata o máximo legal as horas de formación en empresa nos ciclos medios e superiores a partir do curso que vén.

Para a organización sindical, incrementar as horas de formación en empresa suporá unha "perda de calidade" da FP, xa que o tempo dos módulos profesionais nos institutos non chegaría nin ás 1.000 horas nos ciclos medios e superiores, é dicir, "nin sequera a metade da súa duración total".

Nun comunicado, a CIG cargou contra a Consellería, lamentando a "falta de respecto absoluta" que supón, ao seu xuízo, este anuncio "transcendental" sen convocar nin consultar, segundo di o sindicado, á mesa sectorial. "A decisión de ir a máximos da Consellería é na práctica unha dualización total da FP", lamentou a CIG, alertando que a implantación desta reforma "pode supor recortes de profesorado".

"Se ata agora o profesorado de FP impartía de media 1.600 horas nos ciclos medios e superiores, agora pasará a impartir 1.200 ou 1.300, dependendo de quen dea os módulos de inglés", engadiu. A CIG considera que a modalidade dual actual "non é ningún modelo de éxito", indicando que o sindicato recibe "múltiples queixas" de alumnos por problemas que teñen nas empresas respecto diso das súas funcións laborais, que nalgúns casos "rozan a explotación e a suplantación de postos de traballo".

Prácticas de FP. GVA - Arquivo
Prácticas de FP. GVA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta