Cirurxía íntima; a reparación máis alá da estética

As operacións en áreas xenitais tanto masculinas como femininas non están ligadas necesariamente a cuestións estéticas. Detrás deste tipo de operacións existen unha serie de elementos desde fisiolóxicos a psicolóxicos.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Premio Nobel da Paz de 2018 foille outorgado a Denis Mukwege e a Nadia Murad. Ambos os dous recibiron o galadón como exemplo de loita contra a violencia sexual. No caso dela, por ser unha sobrevivinte iazidí presa do estado islámico e el por ser un médico cirurxián especializado en intervencións a mulleres vítimas de violencia sexual no seu país, a República Democrática do Congo.

Intervención cirúrxica
Intervención cirúrxica | Fonte: Wikipedia

A relación que ten que ver co artigo? Sobre todo a do doutor Denis Mukwege garda unha relación moi próxima ao título deste artigo. A intervención a centos, ou miles de mulleres que son vítimas da violencia sexual en territorios en conflito, como se fosen trofeos de guerra, trae canda si, a ferida psicolóxica e social, ademais das consecuentes lesións físicas nos órganos sexuais destas mulleres. O doutor Mukwege realiza operacións para, dentro do posible, curar tanto física como emocionalmente ás súas pacientes.

CIRURXÍA ÍNTIMA?

“É o proceso cirúrxico que está destinado a restaurar as alteracións dos órganos sexuais masculinos e femeninos” di a doutora Jeanette Bradan. As alteracións que refire a doutora Bradan normalmente serían consecuencia do paso do tempo, outras serían conxénitas e por último están as destinadas aos procesos de reasignación de xénero.

Tanto a cirurxía estética e a íntima reconstrúen partes dos aparatos xenitais, mais a doutora Bradan aclara que “cando falamos de reconstrución falamos de todo aquilo que modifica, dependendo cada alteración faise unha cirurxía diferente”. Denomínanse entón reconstructivas porque son necesarias para remodelar unha parte orgánica que padece unha afectación física e funcional, de aí a reconstrucción.

“Realmente falamos de recuperar a funcionalidade dun órgano, de aí que a diferenza coa estética está en que esta úlitma non está centrada exactamente na funcionalidade” sinala Bradan. Esta recuperación de funcionalidade non está directamente ligada a intervencións como no caso dun cancro de próstata. “A próstata é un órgano interno que non afecta á parte exterior” pero no caso dos homes boa parte das intervencións “van dirixidas a corrixir o descolgamento dos testículos ben por cuestión de idade ou cando son máis novos, pola perda de peso”.

ZONAS DO CORPO ONDE SE INTERVÉN

A operación sobre aparato xenital non é a única que reciben homes e mulleres. “Os homes por exemplo presentan distrofia adiposa (acumulación de graxa) no pube ou tamén a das mamelas, que están dentro da parte sexual, por iso hai homes que presentan xinecomastia que pode ser por acumulación de tecido adiposo ou o crecemento anormal da glándula mamaria” aclara a doutora Bradan.

No caso das mulleres as zonas que máis demandan a cirurxía íntima. A primeira é a reducción de labios menores, “aumentan de tamaño e poden causar problemas para a muller, entre outras cousas por hixiene, as relacións sexuais porque se ven dificultadas e para facer exercicios”. A segunda área máis operada en mulleres é a parte púbica “sobre todo logo dos partos porque os músculos desa área toman máis amplitude e leva unha rotura de músculos que ás veces reparan mal ou non reparan”. Estes músculos son os responsables das contracturas na muller, coa rotura perderíase a capacidade de contractura  e pracer sexual.

Os homes piden sobre todo o aumento de pene. A cuestión aquí sería para moitas persoas un tema de cirurxía estética. Pero para a doutora Bradan “ten unha dobre compoñente, o home identifica a súa masculinidade co tamaño do pene, por tanto hai outra compoñente que é a psicolóxica o que sería a baixa autoestima”.

COMPLEXOS

“Tanto homes como mulleres teñen pudor, por iso é moi necesario coidar a relación médico paciente”. A necesidade de abrirse para poder falar de aquilo que afecta á zona xenital, precisa dunha apertura por parte do paciente e isto só se pode ter cando a persoa está relaxada e non sente incomodidade para falar con calma.

Sobre quen sente máis pudor a resposta da doutora Bradan é categórica “os homes,  porque no meu caso está diante dunha muller falando sobre algo íntimo, por iso senten máis pudor”. Algo que puidera reverter esta situación é “que a xente saiba que os casos que precisan da cirurxía íntima son máis do que pensamos” e por iso “é necesario darlle difusión a este tipo de intervencións para darlle solución”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

"En Alemania, los programas de reunificación familiar están congelados y en el resto de Europa tampoco le aceptan. Si Nadia, una de las refugiadas más conocidas del planeta, no es capaz de traer a su familia, no es difícil imaginar la suerte de los demás" https://elpais.com/cultura/2018/01/... E nós seguimos a mirarnos o embigo sen dar solución á barbarie! https://i.gal/gamela13