Nace a Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre contra as agresións ao medio natural

A agrupación de plataformas pide a modificación da Lei de Iniciativas Empresarais de Galicia para ampliar os prazos de alegacións a proxectos no rural. Pretenden unha defensa conxunta do entorno ambiental da comarca de Santiago e que “afecta a cincuenta e un concellos e a vida de 400.000 persoas”.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2018 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A Rede concretouse este luns día 22 en Santiago de Compostela. A mesma agrupa a Plataforma Veciñal contra a mina de Touro-O Pino, defensa do río Sar, os afectados polo vertedoiro de Miramontes, contra o vertedoiro de Lesta, a Plataforma contraria á empresa de residuos industriais na Casalonga, pola contaminación da destilería de Rois, a repercusión nos concellos de Mesía e Frades pola actividade mineira de ERIMSA e a oposición ao megaparque eólico de Ordes.

Plataforma Compostela-Ulla-Tambre
Plataforma Compostela-Ulla-Tambre | Fonte: Moncho Mariño

O xermolo da Rede de Plataformas Compostela-Ulla-Tambre saiu no mes de xullo deste ano, cando varias asociacións e grupos se reuniron para facer unha fronte común diante dos problemas medioambientais da área que abranguen. Nun futuro esperan incluir plataformas e asociacións das ría de Muros-Noia “porque cremos que ao final son os máis afectados de toda a falta de planificación en sentido de país” dixo Leandro del Río, voceiro na presentación da Plataforma.

“Vivimos nun territorio pefectamente acoutado cunhas características físicas e morofolóxicas específicas” declara del Río. O voceiro destacou que van actuar nun sentido positivo para evitar males maiores aos que xa se están facendo. “Intentaremos sanear os impactos que xa teñen a mina de Touro, as redes eléctricas en Ordes e o escándalo que é o vertedoiro de Grixoa”.

A rede non substituirá ás diferentes coordinadores que seguirán funcionando de maneira independente no seu ámbito. A rede favorecerá coordinación e apoio puntual con diferentes medios e de relación política. Sobre este último punto o voceiro puntualizou que “a semana anterior ao debate do Estado da Autonomía chegárase a un acordo con todos os grupos parlamentarios para ter reunións con eles e os problemas que afectan á comarca se introducisen no debate”. Con isto consideran que os grupos políticos xa recolleron polo menos o interese nos temas presentados. Nese sentido, ven que este punto vai encarreirado.

Os obxectivos buscan serían a actuación da Fiscalía no caso do vertedoiro de Grixoa, os eólicos en Ordes, para evitar a súa instalación e no tema de Casalonga “hai un avance como é a paralización da planta de residuos” aínda que agora está “esa teoríca restauración da canteira que non deixa de ser probablemente un vertedoiro encuberto”. Sobre a mina de Touro “están agromando todo tipo de sensibilidades arredor dela”. Tamén nomean como éxito paralizar o proxecto de depuradora ao pé do río Sar. “Non diremos que non mentres as estudamos e analizamos”

LEXISLACIÓN

“A lexislación actual está favorecendo a implantación de industrias e actividade altamente contaminantes que moitas veces non son de capital galego ou español” di del Río. No caso de Touro ou eólicos de Ordes “o beneficio que se poda sacar desas explotacións é inferior ao que  ten a gandeiría en todos os concellos afectados”.  Entenden que existe deixazón da Administración no control de actividades. A maneira coa que actuará a plataforma será con documentación e información, proposta de alternativas e a última modificar a lexislación tanto no que atinxe a iniciativas empresarias como protección do medio ambiente. Así tamén reclaman máis eficacia á Administración.

Pola súa banda, a representante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, Norma Pillado, destacou que todas as asociacións reunidas tiñan moitos puntos en común e que “as leis están, en teoría, para sustentar os dereitos das persoas”. Por iso “cada vez que se cambia a lexislación estannos a desprotexer cada vez máis á cidadanía”. O martes 23 terá lugar unha reunión no pazo do Garamello en Rois, unha xuntanza para dar a coñecer á cidadanía como está a situación medioambiental dentro da comarca que traballará esta plataforma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Imos

Fantástica nova, parabéns e adiante!