A eurodeputada Ana Miranda celebra a "gran vitoria" no Parlamento Europeo ao dicir "nunca máis contra o fascismo"

Instou tamén a ilegalizar fundacións que fagan apoloxía do fascismo "como a Fundación Franco"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2018 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

"Unha gran vitoria do Parlamento Europeo, que foi capaz de ter unha amplísima maioría de cinco grupos iniciada coa resolución que promovemos o BNG co grupo Verdes/ALE" e outros dous, destacou a nacionalista. Respecto diso, lembrou que, ademais de instar á ilegalización de fundacións "que fagan apoloxía do fascismo como a Fundación Franco", "solidarízase cos 19 de Meirás". "Moita emoción por ser unha do tres relatores que iniciaron" esta iniciativa, valorou a eurodeputada do Bloque.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda. REMITIDA
A eurodeputada do BNG Ana Miranda. REMITIDA | Fonte: Europa Press

O pleno do Parlamento Europeo pediu este xoves aos gobernos do bloque comunitario a prohibición das fundacións e asociacións "que exalten e glorifiquen o nazismo e o fascismo" nunha resolución que fai referencia á fundación Francisco Franco como "unha entidade que glorifica unha ditadura e os seus delitos".

A resolución, que contou co apoio de 355 votos a favor fronte a 90 en contra e 39 abstencións, pide aos gobernos da UE que tomen medidas para "condenar e sancionar con dureza os delitos de odio" e tomen "medidas suplementarias" para facer fronte á normalización dos discursos fascistas e xenófobos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta