Empregados públicos galegos denuncian fraudes nas contratacións

A Unión Sindical de Docentes de Galicia, USDG, presentou unha serie de documentos nas oficinas provinciais de Inspección de traballo. Queren denunciar así as irregularidade que supón encadear tres ou máis anos de contratos dentro do sector público.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2018 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A acción realizouse en todo o Estado pola Plataforma de Trabajadores Temporales de la Adiministración Pública-PI. O pasado xoves día 25 de outubro, a USDG presentou senllas denuncias nas sedes provinciais de Inspección de Traballo. Desta maneira, denuncian a contratación en fraude de lei dos e das traballadoras da Administración pública que levan empatando contratos por tres anos ou máis.

Funcionario da Administración autonómica.. XUNTA
Funcionario da Administración autonómica.. XUNTA

Estas accións materialízanse logo de presentarse o Plan Director polo Traballo Digno do Ministeroi de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, co que pretenden combater a fraude laboral dentro do ámbito privado. Non obstante, a USDG en representación da Plataforma-PI, queren facer ver á Inspección de Traballo que a contratación en fraude de lei non é exclusiva do sector privado.

As propias admnistracións públicas, segundo USDG, “levan contratando en fraude de lei empregados públicos desde hai moitos anos, sumando interinaxes de 10, 15, 20 e mesmo 30 anos”. Isto implicaría “a vulneración do artigo 70.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro,  que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP)”, punto este que para USDG “é unha constante desde hai moitos anos e foi denunciada por traballadores públicos ata chegar a instancias europeas”.

Xunto a isto, denuncian que as Administracións Públicas non só vulneran o TREBEP, senón que incumpren “o establecido no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2000 do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei sobre Infraccións e Sancións dentro da Orde Social. Segundo esta norma, a contratación en fraude de lei é unha infracción grave. Denuncian que 700.000 traballadores públicos temporais estarían contratados en fraude de lei.

Desta maneira ·”denunciamos e pedimos que inclúan este tipo de contratos no Plan Director polo Traballo decente sen que medie discriminación por modalidade contractual respecto os traballadores do sector privado”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta