A Xunta podería multar a tres mozos portugueses rescatados tras perderse no Xurés pola neve

Facían un roteiro desde o lado portugués do parque pero desorientaronse e e acabaron sendo rescatados no lado galego na madrugada do domingo.

Por Galicia Confidencial | Xurés | 30/10/2018 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Xunta baralla facer pagar o operativo de rescate e multar a tres mozos que esta fin de semana perderonse na Serra do Xurés mentres realizaban unha ruta de sendeirismo, segundo informa o Correio da Manhá.

Serra do Xurés que é Parque Nacional do Geres en Portugal
Serra do Xurés que é Parque Nacional do Geres en Portugal | Fonte: turismo.pt

Os mozos, de entre 23 e os 25 anos afrontan unha multa mínima de 200 euros e as custas procesuais por seren rescatados nunha zona prohibida. O grupo foi rescatado na madrugada de domingo nunha área do Parque Natural do Xurés.

Os tres participaban nunha ruta de montaña  pero tiveron que pedir axuda despois de se ter desorientado pola forte nevarada e o intenso neboeiro que caíu na zona das Minas dos Carris, no Parque Nacional da Peneda Gerês, no lado portugués,  e onde está prohibido circular. Os mozos foron, finalmente, rescatados no lado galego da serra, a máis de 60 km do punto de partida, despois de horas expostos a temperaturas a roldar os cero graos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta