Un evacuado en Salceda por inhalación de fume e un operario ferido en Ponteareas por caída no oco dun ascensor

Un home foi evacuado durante a mañá deste xoves ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras inhalar fume nun incendio orixinado o un cuarto da caldeira. O accidente de Ponteareas tivo lugar no lugar de Alemparte.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 01/11/2018 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Un home foi evacuado durante a mañá deste xoves ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras inhalar fume nun incendio orixinado o un cuarto da caldeira. Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 1,00 horas da madrugada deste xoves, no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas, concretamente nunha vivenda de Fonte da Pedra.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Até a zona desprazáronse os Bombeiros de Baixo Miño para sufocar o lume, que calcinou unha pila de aveños acumulados á beira dunha caldeira. Ademais dos bombeiros, ao lugar desprazouse tamén unha dotación do 061 para atender ao dono da casa, debido a que empezou a mostrar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

ACCIDENTE POR CAÍDA EN PONTEAREAS

Un operario resultou ferido grave durante a tarde deste mércores tras precipitarse polo oco dun ascensor que revisaba no municipio pontevedrés de Ponteareas. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o accidente produciuse sobre as 18,30 horas do mércores no lugar de Alemparte, cando o traballador realizaba o mantemento dun ascensor e caeu polo oco, desde unha altura aproximada de dous pisos.

Como consecuencia da caída, o home recibiu un forte golpe na cabeza e tivo que ser evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en estado grave. Ademais de persoal sanitario, até o lugar foron mobilizados axentes da Policía Local e da Garda Civil, co obxectivo de esclarecer as circunstancias do suceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta