Detido un veciño de Vigo por ameazar cunha navalla aos clientes dun bar e morderlle a un policía

Por E.P. | VIGO | 06/11/2018 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 41 anos de idade, como presunto autor dos delitos de danos, ameazas e atentado contra axente da autoridade, após ameazar cunha navalla aos clientes dun bar e morderlle a un policía.

Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo
Un coche patrulla da Policía Nacional. CNP - Archivo

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron nun local da rúa Portela, onde acudiron varias dotacións do 091 alertadas pola presenza dun home que estaba a agredir e ameazando aos clientes cunha navalla.

As testemuñas indicaron que este home se encarou cos clientes, mostrándolles a navalla, e que logo saíu do bar e golpeou unha motocicleta e unha furgoneta. Ao decatarse da chegada da Policía, e con afán de disimular, o sospeitoso quedou fóra do bar apoiado nun vehículo e coas mans nos petos.

Cando os axentes lle requiriron para que sacase das mans dos petos, ante a sospeita de que puidese estar a ocultar a navalla, o home mostrouse agresivo, insultando aos funcionarios, e negouse a obedecer.

Un dos axentes abalanzouse sobre el para inmobilizalo e, aínda que puido esquivar un cabezazo do sospeitoso, non puido evitar que lle mordese nun brazo. Finalmente, entre varios axentes, lograron neutralizar e deter ao home.

Unha vez trasladado a Comisaría, púidose comprobar que o detido conta con 22 antecedentes policiais. O arrestado e as dilixencias policiais practicadas pola Brigada de Seguridade Cidadá foron postos a disposición do xulgado de garda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta