Condenado a 4 anos de prisión e multa de 2 millóns por adquirir 153.602 pastillas de éxtase

Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2018 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Un home acusado de adquirir, xunto a outro, 153.602 pastillas de éxtase para a súa venda aceptou unha condena de 4 anos de prisión e unha multa de dous millóns de euros, após alcanzar este martes un acordo coa Fiscalía.

Pastillas de extase
Pastillas de extase

O xuízo que esta previsto que se celebrase na Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña non chegou a celebrarse ao chegar ás partes a un acordo de conformidade.

A Fiscalía, no seu escrito de cualificación provisional, reclamaba sete anos de prisión, pero finalmente a condena quedou en 4 anos ao aplicárselles as atenuantes de drogadicción e dilacións indebidas.

MULTA DE 2 MILLÓNS

Ademais da pena de prisión, o acusado terá que facer fronte a unha multa de dous millóns de euros. O prezo de venda da droga polo miúdo en comprimidos, segundo o escrito de cualificación, superaría o millón e medio de euros.

A súa detención produciuse despois de que, en outubro de 2008, fosen obxecto de vixilancias policiais que revelaron as súas actividades de venda de sustancias estupefacientes.

Nos rexistros foron localizadas 15 bolsas termoselladas, contendo un total de 153.602 pastillas, que resultaron ser éxtase.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta