A alcaldesa do Porriño será xulgada por falsidade documental dentro da súa actividade profesional

Segundo a socialista Eva García de la Torre, a denuncia foi interposta por un particular que ela mesma defendera.

Por E.P. | VIGO | 07/11/2018 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A alcaldesa do Porriño (Pontevedra), a socialista Eva García da Torre, sentará no banco dos acusados o próximo 22 de novembro, acusada pola Fiscalía dun delito de falsidade documental supostamente cometido no ámbito da súa actividade profesional privada como avogada.

Eva García, alcaldesa do Porriño
Eva García, alcaldesa do Porriño | Fonte: vigoalminuto

Así o confirmou a propia rexedora que explicou que a única parte que acusa --xa que o denunciante inicial retirouse da causa--, a Fiscalía, pide para ela a pena de dous anos e medio de prisión e inhabilitación para exercer cargo público.

Os feitos que se xulgarán o 22 de novembro, na sala do Penal número 1 de Pontevedra, sucederon en 2014, cando Eva García de la Torre exercía como avogada, e están relacionados coa suposta falsificación dun documento público --relativo a unha execución dunha sentenza--.

Segundo relatou a alcaldesa, a denuncia foi interposta por un particular ao que ela defendera, xunto a varias persoas máis, nun preito de veciños contra unha promotora no municipio de Tui. Esa causa concluíu con sentenzas en varias instancias favorables a ese veciño pero, no momento de executar a sentenza, García de la Torre abandonou esa actividade profesional para adicarse á alcaldía plenamente e non tramitou dita execución.

A acusación pública sostén que García falseou un documento sobre a execución da sentenza e trasladoullo por correo electrónico aos veciños. Por todo iso, pide que a condenen a 2 anos e medio de prisión, e inhabilitación por ese tempo.

"SON INOCENTE"

Ante a apertura de xuízo oral, a rexedora expresou a súa sorpresa porque o Ministerio Público exerza unha acusación "sen apenas proba nin instrución investigadora", e atribuíu a denuncia a un "ataque político que quere ir máis aló, ao odio e ao intento de destruír a alguén persoalmente".

"Son inocente", proclamou a alcaldesa do Porriño, e avanzou que vai defenderse "até o final" porque non cometeu o delito que se lle atribúe. Ademais, lembrou, xa estivo acusada os tribunais en dúas ocasións anteriores no ámbito da súa vida política "e as dúas veces saín absolta".

FUTURO POLÍTICO

Con respecto ao seu futuro político, e tendo en conta que o código ético do PSOE establece que calquera cargo socialista dimitirá en canto se lle notifique a apertura de xuízo oral e pedirá a súa baixa voluntaria do partido, Eva García expresou que está "a disposición dos veciños do Porriño" e do seu propio partido.

A alcaldesa, quen explicou que o secretario provincial do PSdeG, David Regades, coñece a situación, sinalou que, no caso de que a dirección do partido lle pedise a dimisión, tería que "valoralo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta