Un ferido grave nun accidente que obriga a cortar a N-120 en Ponteareas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2018 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Un accidente entre un camión e un coche na N-120, á altura de Xinzo, en Ponteareas (Pontevedra), saldouse cunha persoa ferida de consideración e trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.

Ademais, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico a Europa Press, o sinistro obrigou a cortar o tramo que comprende os quilómetros 649 e 651 da vía.

Tal e como indica o 112, a persona afectada tivo que ser excarcerada polos bombeiros do Porriño, xa que o impacto provocou que quedase atrapada no seu vehículo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo constancia do accidente ao redor das 7,00 horas da mañá deste venres, grazas a un particular que chamou para pedir axuda e indicou que había unha persoa ferida grave no turismo.

De inmediato, o 112 puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil do Porriño e Ponteareas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta