Fene, Cuntis e Moaña terán goberno do PP

Os nacionalistas non apoian aos socialistas en Fene e Cuntis e un edil do PSdeG deulle a alcaldía de Moaña aos populares. Os concelleiros implicados poderían acabar expulsados de ambas as dúas formacións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2011 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Este sábado constituíronse os gobernos locais saídos das pasadas eleccións do 22M e, como sempre, houbo sorpresas. Finalmente, e tras a intervención das cúpulas do PSdeG e do BNG, non foi posible chegar a un pacto en Cuntis e Fene.

Nestas dúas localidades, a suma da esquerda case era o dobre que a da esquerda pero terán goberno popular. E é que as agrupacións locais do BNG decidiron, nos dous casos, apoiar aos seus candidatos, a pesares de ter menos votos que os socialistas.

Escasa diferencia de votos

Ainda que empataron en número de concelleiros --cinco en Fene e catro en Cuntis- a  diferencia foi moi escasa; 89 votos no primeiro caso e 15, no segundo. Por iso, e polas diferencias que houbo nos gobernos municipais bipartitos da pasada lexislatura e dos que se arrastran problemais persoais, os nacionalistas facilitaron co seu voto que haxa novos alcaldes populares.

O mesmo fixo o PSdeG en Moaña xa que un dos seus edís dediu absterse e, facilitar así, a investidura do popular José Fervenza en detrimento do BNG. Os nacionalistas obtiveron sete concelleiros, fronte aos oito dos populares, polo que necesitaban do apoio dos dous edís socialistas. Segundo apuntan fontes do PSdeG "a man de Rafael Louzán" anda polo medio desta operación.

Expulsións

As direccións das dúas formacións evaluarán, agora, as medidas que han de adoptar. Os socialistas xa anunciaron que lle pedirán a acta ao seu concelleiro de Moaña e se se nega, "expulsarano" do partido. Os nacionalistas, e tal e como fixeron en 2007 en Muros ou Porto do Son, iniciarán un expediente que pode rematar coa expulsión dos concelleiros do BNG de Fene e Cuntis. E e que, pese a intervención de Guillerme Vázquez e de membros da Executiva nacionalista, finalmente, os concelleiros destas dúas localidades actuaron en función do que decidiron os militanes nas distintas agrupacións locais.

Onde non houbo sorpresas de última hora foi en Noia e Muros, xa que, finalmente, os nacionalistas apoiaron aos socialistas para que poidan acceder á alcaldía. O mesmo aconteceu cos socialistas en Carnota e Salceda, que acabaron votando a favor da investidura de rexedores do BNG.

Arbo e Betanzos

Pero este sábado tamén trae outras sorpresas, como o pacto acadado a última hora entre os nacionalistas e os independentes para gobernar Arbo, unha das prazas fortes do PP na comarca, ou tamén o acordo ao que chegou o PSdeG e os independentes en Betanzos, para que os primeiros gobernen a vila.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

11 Costadamorte

Curioso o caso de Fene... Son seguidor das tertulias da "Ventana de Galicia" especialmente da que compartían con Aida Pena os tres alcaldes "novos" e con "proxeccción" de PP, PSOE e BNG, de Ponte Caldelas, Fene e Teo... Perfecto Rodríguez, Iván Puentes e Martiño Noriega... Dous, (Perfecto Rodríguez e Martiño), viron revalidada e reforzada a súa posición con sendas maiorías absolutas... A excepción foi Fene, onde a "promesa" Iván Puentes, non soio non acadou a maioría absoluta, se non que foi castigado polos votantes deixando de ser a forza mais votada, posición que tiña con claridade... Non estará o problema no seu divismo?...

1 Concordo

Parte do problema (só parte) é que non ía polo concello, prefería de tertulia.

2 Ézaro

Non podía faltar o mantido Costadamorte a saír na defensa dos demais mantidos do BNGuai

3 Rayleigh

Mi madriña!! Cantos "mantidos" hai por aquí. Os do BNG deben ser millonarios para manter a tantos miles e miles. Menos mal que existen xente como Ézaro que son encefalogramas planos, pero que teñen un radar que xa lles gostaría a moitos!! Eu cría que para ser "mantido" do BNG só tiñas que enfrontarte a críticos descerebrados do BNG. Pero agora vexo que tamén podes conseguir esa condición, criticando o SOE. Que risa!

10 Golpiño

O PSOE entenderá o interese de Fene antes co do nené para formar un gobierno de progreso?

1 Manoliño

Tesme que mirar ese tremor que che fai colocar os posts de dous en dous. Pode ser parkinson ou tan so un tremor esencial. Hala, a coidar a saúde que é o importante.

2 Golpiño

Mirate ti, que ves a palla no alleo pero non a trabe no teu

3 Golpiño

Coida do nené que xa pouco lle falta: http://www.galiciahoxe.com/vivir-ho...

9 Golpiño

O PSOE entenderá o interese de Fene antes co do nené para formar un gobierno de progreso?

8 Manoliño

7 Fene Popular

En Fene haberá 4 anos do PP, e o BNG non volverá a gobernar en Fene polo menos en 20 anos, excepto que consiga maioría absoluta. O PP ten 4 anos para pechar a radio e despedir o cento de traballadores do BNG no Concello, ós que non poida despedir poñeraos a traballar.

1 mk__

Pon-te de acordo co Marculiá (o outro futurologo), porque o un ou o outro falla e por moito.

2 Pepe Patita

En Fene o BNG, que tivo como concelleiros a Galdo en Urbanismo, a Pepe Rivera alcalde monicreque 28 anos, a Polo que logo de levar vivindo en Fene tres meses xa era o portavoz do BNG e a quen Barcia (alcalde do BNG en Mugardos lle fixo unha praza a medida) a Pico Magalofes a Tomé e a outros e outros incompetentes e cousas peores, lles parece imposible, logo de ter estes persoeiros, gobernar co Psoe e Esquerda Unida, que foi o partido que máis subiu en votos, e deixaron que a extrema dereita do PP goberne en Fene, falan de defender Astano os que estaban dacordo en que Fernando Blanco lle regalase o estaleiro a Pucho Viñas o de Barreras. O BNG en outubro vai rebentar en todo Galicia cando se celebre a conferencia nacional

3 Fene Popular

Bla Bla Bla, o BNG debe expulsar ós concelleiros por incumprir os acordos do Consello Nacional do BNG, ou senón se convertirá en Coalición Canaria.

4 mk__

O BNG, dixo que ia respetar ás Asambleas Locais... ou eso, ou ser a sucursal do PSOE, e para votar sucedáneos, xa sabes o que está a decir o povo, elección tras elección, non si?? E se expulsa a alguén, que sexa coerente, e expulse a todo o grupo municipal, xa que todos votaron o mesmo (Polo incluido); e á Asemblea Local en pleno, porque os concelleir@s votaron o que decidiu a Asemblea Local... E Fene, mais que esquerdas, esquerdas light, nacionalistas, ou do PP... é un niño de caciques de política clientelar desde hai mais de 50 anos. Cambian a careta, mas son as mesmas prácticas... Así que tal como están as cousas, entre cacique 1, cacique 2 e cacique 3.... a quen escoller, se no momento que perden "poder" son os do seu propio partido os que lles van "axustar" vellas contas (e non falo só do BNG); mentres Fene, como povo autónomo e con iniciativa, vai á deriva desde finais dos 80.

5 Fene Popular

O acord do Consello Nacional do BNG é clariño, os concelleiros doBNG non permitirán gobernos do PP e votarán ó partido mais votado, neste caso o PSOE. Despois respetarase o que decidan as asambleas para entrar ou non no gobernó. Esto significa que os concelleiros do BNG de Fene incumpriron os acordos do Consello Nacional e deben ser expulsados

6 mk__

O primeiro é que tes unha pequena contradicción con anteriores post teus. Se foi a Asemblea Local, e todo o grupo municipal, por que fas distincións entre os concelleiros? E o segundo é, que a xeralidade entendoa, mas tamén hai oco para as escepcións, ou xa non lembramos aquela alcaldía de Ares cos votos do PP de Fraga, claro que daquela o alcalde era un chupóptero da UPG, e eso cambia o conto, non si?

7 mourón

mk_ Doval era chupóptero daquela e 20 anos despois segue de chupóptero

8 Fene Popular

O acordo do consello nacional é claro, os concelleiros do BNG deben votar ó candidato do PSdeG en Fene. A asamblea ten a liberdade de entrar ou non no goberno, en Vigo decidiron que non e en Lugo que si. Son os 5 concelleiros os que non votaron ó candidato do PSOE, son os que incumpriron os acordos do consello nacional e deben ser expulsados

9 Pepe Patita

Ós concelleiros do BNG e a todo o BNG de Fene non fai falla que os expulse a Dirección Nacional, xa se van encargar de facelo os 1800 votantes de Fene, que lles darán as costas en futuras eleccións municipais

10 Patita bigotona

Pero bigotón, se ti non es nin de Fene nin votante do BNG, como che amola polos teus amigos do PSOE. Acouga ho que non van levantar o veto que tanto che gusta. Como lles gusta aos difamadores dicirlle ao BNG ao que non votan o que ten que facer!

11 mk__

Ao mellor aos que non os votan son os que tiveron un alcalde 2.0 que se o querias ver era mellor chamar a algunha radio que pasar polo concello. Porque ata o de agora, non escoitei de propostas políticas de governo, só repartir-vos a tarta.