Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2018 | Actualizada ás 17:40
O Goberno galego aprobou este xoves a nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Rural, que agora dirixe José González. Entre as súas principais novidades, inclúe a división, por primeira vez, das áreas de defensa do monte —que se ocupa da prevención e extinción de incendios— e a de planificación forestal.
Ao termo da reunión semanal do Executivo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou desta decisión e ratificou que o até agora director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, un veterano xestor cuxa dimisión pediu a oposición con especial intensidade após a vaga de incendios de outubro do pasado ano, continuará á fronte da área de defensa do monte.
En canto ao novo director de Planificación Forestal, será José Luís Chan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.