Verín presenta xa o cartel do Entroido 2019

O cartel gañador, presentado baixo o lema “O descanso dos Cigarróns”, resultou gañador tras unha votación popular celebrada o pasado luns no Auditorio do concello.

Por X.M. Fernández | Verín | 12/12/2018 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

No proceso de votación popular participaron preto de 600 habitantes da vila que puideron valorar o deseño que máis lles gustou de entre todos os carteis que concorrían este ano para seren os gañadores do “concurso do cartel de Entroido 2019”. A veciñanza, encargada de tal decisión, outorgoulle a maior puntuación ao cartel número 17 titulado “O descanso dos Cigarróns”, de Ana Isabel Arias López.

Cartel oficial Entroido de Verín 2019
Cartel oficial Entroido de Verín 2019

A obra desta autora será a imaxe do vindeiro entroido, a celebrar para o mes de marzo do 2019.

Ana Isabel Arias, e a concelleira de cultura, Emilia Somoza, posaron para a prensa amosando o lenzo no que figuran ata trece máscaras de Cigarrón pousadas enriba dunha escaleira de pedra. O “descanso do Cigarrón” representa o descanso daqueles que fan de cigarróns cando paran un pouco para coller folgos e seguir correndo polas rúas de Verín facendo soar as chocas e portando a súa zamarra en alto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Moi chulo. Parabéns!