Por Galicia Confidencial | Vimianzo | 12/12/2018 | Actualizada ás 17:50
O Concello de Vimianzo acolle o vindeiro venres 21 de decembro a Gala de Presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa 2018/2019. Unha cita que trascende o deporte e que é xa é todo un evento social.
Esta iniciativa, impulsada polo xornal Que Pasa na Costa, é pioneira en Galicia pois é o único álbum de cromos que xunta a todo o fútbol modesto dunha comarca. Así, están presentes os 36 equipos masculinos da zona (de Preferente, 1ª, 2ª e 3ª Galicia dos grupos da Costa),aos dous equipos femininos (Bergantiños feminino e Os Miúdos) e mesmo ao colectivo arbitral.
A prensentadora da gala será a xornalista da TVG Mónica Martínez ecomo invitado estará o ex presidente do Deportivo da Coruña, Augusto César Lendoiro. Máis en QpC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.