Temas: HISTORIA

A historia de Galicia, contada en 10 minutos: así pasou o primeiro Estado de Europa a ser unha autonomía de España

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/12/2018 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O reino suevo de Galicia, instaurado no século V, está considerado o primeiro Estado de Europa Hoxe, dezaséis siglos despois, Galicia está considerada por moitos unha nación sen Estado. A historia deste país é milenaria e intensa. Coa idea de explicala dun xeito didáctico, divulgativo e rápido, a empresa vasca Carki Productions elaborou un vídeo de dez minutos no que se resume a historia do pobo galego.

Historia de Galicia, contada en 10 minutos por Carki Productions.
Historia de Galicia, contada en 10 minutos por Carki Productions.

O vídeo explica de maneira sinxela e gráfica as complexidades da historia de Galicia e da identidade galega, desde a época castrexa ata os nosos días, pasando pola romanización, o reino suevo, os monarcas galegos, o Camiño de Santiago, as revoltas irmandiñas, a anexión ao Reino de España, o Rexurdimento, a emigración ou o movemento Nunca Máis.

Con mapas, lapis, tesoiras, cola e papel, o grupo Carki Productions crea vídeos amenos cos que tenta explicar asuntos complexos de forma doada e visual.

Temas: HISTORIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 SON

Nada novo, a historia inventada de sempre pola historiografía española. En todos os mapas coetáneos, non os inventados moitos séculos despois pola historiografía española, eses pretendidos reinos de Asturias e León que nunca existieron denomínase Gallaecia e tanto Oviedo como León eran cidades da Gallaecia. Mais de 20 mapas desde o Anonimo de Ravena (670) até o Rudimentum Novitorum do alemán Lucas Brandis (1472). Asturias so aperece en 3 en letra pequena, subordinado a Gallaecia e no ao revés. Cando atopen un mapa coetáneo no que Galicia apareza dentro de asturias comezarei a creer algo, mais, infelizmente para eles, ese mapas non existen... E necesario facer unha exposición itinerante con todo isto.

1 Sentidiño

Así é! Mais tampouco convén cometermos nós o mesmo erro ca eles. Toda a historiografía é relato, máis ou menos fantástico. Agardo non contravir as normas con esta ligazón: https://commons.wikimedia.org/wiki/...