Doce feridos en dous accidentes de estrada provocados por xabarís

Sete vehículos chocaron en Cabanas debido a un xabaril que cruzou na N-651. En Portas, seis coches e un camión chocaron en cadea após a aparición doutro exemplar.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2018 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Dous accidentes provocados por xabarís atropelados en Cabanas (A Coruña) e Portas (Pontevedra) deixaron unha ducia de feridos, segundo informa o 112 Galicia.

Xabaril
Xabaril

No primeiro caso, na tarde do domingo sete vehículos chocaron en Cabanas debido a un xabaril que cruzou na N-651 ao seu paso por Laraxe.

Primeiro, dous automóbiles atropelaron ao xabaril, tras o cal houbo até cinco vehículos que chocaron posteriormente por alcance. Foron nove as persoas que necesitaron asistencia médica, aínda que ningún presentaba lesións de gravidade.

O outro accidente, sobre as 20,00 horas do domingo, tivo lugar en Portas ao seu paso pola AP-9 (en sentido norte), onde seis coches e un camión chocaron en cadea após a aparición dun xabaril na vía. Aquí, tres acodes resultaron feridas e foron evacuadas ao Hospital do Salnés.

OUTROS SUCESOS

Noutra orde de cousas, o 112 Galicia informa doutros sucesos como dúas persoas que resultaron feridas, unha delas grave, ao ser atropeladas por un turismo ás 22,00 horas do domingo na Rolda de Outeiro, na Coruña, á altura do número 300.

Por outra banda, unha muller tivo que ser liberada na tarde do domingo en Salvaterra de Miño (Pontevedra) ao quedar atrapada no coche que conducía, co que se meteu nunha gabia e tirou un poste de electricidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 nostrus

Pues si no fuera por la regulacion que los cazadores hacen abatiendo jabalíes, la situacion sería mucho peor. Sin embargo ningun animalista se siente responsable de los accidentes que habría si sus animaladas se llegaran a llevar a cabo. Gracias a la actuacion de los cazadores, comportándose como jardineros de la fauna, se evitan muchos accidentes.

1 Mlon

Artículo 45, Adecuación de la velocidad a las circunstancias. Reglamento General de Circulación Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación, y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a ellas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse Situaciones existen muchas y muy diferentes. Siempre nos fijamos en las externas, en las climatológicas, en las de la vía.