Aviso á Deputación da Coruña: "Aínda quedan 32 símbolos franquistas que humillan as vítimas"

O sociólogo e ensaísta Manuel Monge envía ao presidente provincial, Valentín González Formoso, os resultados do seu traballo de investigación, no que catalogou todos os nomes de fascistas que aínda manteñen distincións da Deputación.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 27/12/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Manuel Monge é un sociólogo e ensaísta comprometido na causa de limpar Galicia de simboloxía fascista. Este xoves presentou no rexistro da Deputación da Coruña un escrito dirixido ao presidente Valentín González Formoso no que lle informa dos resultados das súas investigacións e da presenza, aínda, de 32 símbolos franquistas.

Franco con Millán Astray, fundador da Legión
Franco con Millán Astray, fundador da Legión

Monge felicita a Valentín González Formoso (PSdeG) que, como alcalde das Pontes, e en cumprimento da Lei da Memoria Histórica, acordase hai dez anos a retirada de distincións honoríficas a José Antonio Girón de Velasco e Constantino Lobo. "Non consigo entender como ese mesmo Valentín González Formoso, que segue como alcalde das Pontes e preside hoxe a Deputación da Coruña, mantén a esas mesmas persoas como Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto da provincia, respectivamente”, láiase o sociólogo.

Sinala o escrito que "a permanencia de sete retratos e 23 distincións honoríficas son unha exaltación daqueles que participaron no golpe de Estado contra o Goberno lexítimo e democrático da República" e que "formaron parte dos gobernos da ditadura ou ocuparon postos de responsabilidade nos concellos e Deputación".

Por outra parte, afirma que "manter esa simboloxía franquista é unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo".

Monge mantén que o 80% do total de 32 símbolos franquistas poderían ser eliminados "simplemente aplicando os mesmos criterios que o PSOE (partido do presidente Valentín González Formoso) utiliza noutros concellos, deputacións ou comunidades autónomas".

Así, expón que "se o IES Diego Delicado (presidente da Deputación na ditadura) cambiou o seu nome a IES Urbano Lugrís (daquela era Fraga o presidente da Xunta), a Deputación da Coruña non pode manter centros de ensino cos nomes de dous presidentes da deputación da Coruña na ditadura: IES Rafael Puga Ramón e Fogar infantil Emilio Romay".

O informe recolle a relación dos 32 símbolos franquistas e documentación que xustifica a súa retirada. Tamén inclúe unha análise comparativa coa eliminación da simboloxía franquista (rúas, retratos, distinción honoríficas etc.) en distintas institucións do Estado, así como a constitución de comisións de expertos. O informe recolle tamén algunhas propostas de actuación para a retirada desa simboloxía franquista.

LISTA DE FRANQUISTAS AÍNDA HOMENAXEADOS 

O sociólogo pide a Formoso "actuar con coherencia" e "ter en conta o que se fai noutras institucións, moitas delas presididas por organizacións políticas que forman parte da Deputación provincial da Coruña".

Como exemplo pon o Concello de Ferrol, onde co voto a favor do PSOE, BNG e Ferrol en Común se acordou retirar do salón de plenos os retratos de sete alcaldes da ditadura. Como contraste, expón o caso do salón de sesións da Deputación da Coruña, onde se manteñen os retratos de seis presidentes da Deputación na ditadura (Juan José Barcia Goyanes, Emilio Romay Montoto, Diego Delicado Marañón, Rafael Puga Ramón, Ángel Porto Anido e Lino Rodríguez Madero), canda os elixidos democraticamente; e na segunda planta do Palacio Provincial está o retrato do xeneral golpista Severiano Martínez Anido (o concello de Córdoba xa retirou o seu nome dunha rúa, como recorda o sociólogo).

Monge tamén expón que o xeneral Enrique Cánovas Lacruz ten a distinción de Fillo Adoptivo da provincia, cando o concello da Coruña xa eliminou en 2009 o nome da praza deste golpista. E son tamén Fillos Adoptivos da provincia numerosos militares golpistas: José María Rivero de Aguilar Otero; Francisco Delgado Serrano e Fermín Gutiérrez de Soto, que ocuparon a Capitanía Xeral de Galiza na ditadura. No concello da Coruña xa retiraron a estes dous últimos xenerais as distincións honoríficas.

Tamén conserva a distinción de Fillo Predilecto Francisco Núñez Rodríguez, golpista e Capitán Xeral de Ferrol. A Deputación de Barcelona retiraba o 30 de xuño de 2016 a Medalla de Ouro a dous golpistas: Capitán Xeral José Moscardó Ituarte e Capitán Xeral Agustín Muñoz Grandes.

Un numeroso grupo de gobernadores civís na ditadura reciben as distincións de Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto ou Medalla de Ouro da provincia da Coruña: Rafael Hierro Martínez (xa retiraron a distinción na Coruña); José Manuel Pardo Santayana, Cristobal Graciá Martínez, Diego Salas Pombo (o concello de Valencia, con goberno Compromís–PSOE, retiroulle a Medalla de Ouro); Evaristo Martín Freire. A Deputación de Valencia (goberno de PSOE e Compromís) retiraba a Medalla de Ouro da provincia o 19 de xullo de 2016 a Jesús Posada Cacho, Gobernador Civil de Valencia entre 1960 e 1962 (pai do ex–presidente do Congreso Jesús Posada). Madrid tamén eliminou a avenida Conde de Mayalde (José María Finat y Escrivá de Romaní), que fora Gobernador Civil de Madrid. Ten a distinción de Medalla de Prata da provincia Javier Pardo Bedía, vicepresidente da Deputación da Coruña.

O xeneral Constantino Lobo é Fillo Predilecto da provincia, pero en As Pontes xa retiraron a este golpista a Medalla de Prata hai dez anos. Tamén é Fillo Predilecto Salvador Moreno Fernández, cando o concello de Pontevedra xa eliminou a rúa deste Almirante golpista en 2002 (hoxe é Rosalía de Castro).

Outro grupo de ministros da ditadura franquista conservan distincións honoríficas da Deputación da Coruña: José Antonio Girón de Velasco (xa retiraron distincións honoríficas a este significado falanxista, entre outros moitos, os concellos das Pontes e da Coruña), Gonzalo Fernández de la Mora (xa non é Fillo Predilecto de Santiago por acordo do Pleno de 19 de xullo de 2018), Cirilo Cánovas García (o concello de Valencia retiráballe a distinción o 28 de xullo de 2016), Laureano López Rodó (o concello de Santiago retiraba as distincións de Alcalde Honorario e Fillo Adoptivo o 19 de xullo de 2018). Tamén Manuel Fraga, ministro da ditadura, ten a distinción de Fillo Adoptivo, concedida en 1965.

E teñen tamén distincións honoríficas significados fascistas, golpistas e falanxistas que participaron na represión como Antonio Pedrosa Latas, José Fariña Ferreño e Enrique Salgado Torres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 urco

Em Pontevedra hai quando menos dous escudos fascistas de Espanha . Um a 50 metros da Casa do Concelho, numha das principais ruas comerciais da cidade e outro na fachada (nunca melhor dito) do Paço de Justiça!!

2 De Galicia

E que di o "experto" da estrella vermella dos asesinos comunistas coa que os da UPG manchan a bandeira galega? A estrella vermella dos cen millón de mortos do comunismo xenocida

1 lóstrego

Na Galiza só houbo un xenocidio. O perpetrado polos fascistas contra os demócratas. Asesinatos e desaparicións houbo dabondo para corroboralo.

2 nostrus

Cierto. Mao y Stalin fueron los mayores genocidas de la historia de la Humanidad. Stalin llegó incluso a superar a Hitler y Mao llegó a superar a Stalin, pero a los comunistoides, que se creen mejores que los demás, esto no les importa. Deberia caersele la cara de vergüenza si la tuvieran.

3 lóstrego

Sigue cuspindo pra riba.

1 nostrus

Bueno, pero tamén é igual de lamentable que haxa en Catauña ruas co nome de Lluis Companys e que haxa prazs adicadas ao 1 de outubre, cando Companys foi un golpista e o 1 de outubre ten a mesma consideracion que o 18 de xullo. Teño tamen entendido que en Oleiros hai unha gran estatua adicada ao Che, igual de noxento para os demócratas, pero que pode ser agradable para os fascistas de esquerda.

1 Alpinista

Nostrus, sabemos que es pouco instruido, por definición: "O fascismo e o nazismo baseáronse nunha forma violenta de anticomunismo; incitaban o medo á revolución comunista para obter poder político". Entón, non hai fanáticos crentes que pregoen o ateísmo, nin machistas casposos defensores do feminismo, nin fascistas de esquerda, nin burros voladores.

2 nostrus

Alpinista, por si no lo sabes, el concepto de fascismo tiene dos significados. Uno seria el regimen politico que gobernó Italia en los años treinta, por lo que con este concepto no seria fascista ni el nazismo, ni el franquismo, ni el comunismo. Pero tambien el fascismo se refiere a personas u organizaciones totalitarias e intolerantes, por lo que tan fascista es el nazismo, franquismo o comunismo. Lo que pasa es que los fascistas de izquierdas no son capaces a ver el fascismo en el comunismo, a pesar de que fue la organizacion mas genocida de la Historia.