De súpeto, non hai clase baixa. Polo visto, abonda con ingresar 11.400 euros anuais brutos para non pertencer a ela, e con subir dos 30.500 para pertencer á clase alta.
  comenta   0
En 2014 o alemán Wilfried Stuckmann ficou pampo cando soubo que o hotel de luxo onde se aloxaba, San Marcos en León, fora un campo de concentración franquista. Sete anos despois Paradores honrou nun solemne acto ás víctimas, coa presenza mesmo do último sobrevivente, Josep Sala. Estes actos de desagravio son comúns en países civilizados europeos desde a inmediata postguerra. Empresas e multinacionais que empregaron man de obra escrava pediron perdón e encetaron un programa de indemnizacións e reparacións.
  comenta   0
A peza teatral, protagonizada polo cómico e bufón de sona internacional, chega ao Auditorio de Verín o vindeiro 14 de decembro ás 20:00 horas.
  comenta   0
Non se pode dicir que Barcelona non o intente. Agora, a editorial Arpa saca 'Madrid DF', un libro que explicita de modo estrepitoso o elefante madrileño na cacharraría española. Enric Juliana e Pedro Vallín semellan estar detrás da enésima performance parlem/hablemos tentando centrar na cuestión madrileña o debate sobre a reforma e viabilidade do Estado español.
  comenta   0
O sábado é o día de mercado en Ribeira. A vila convértese nun bule-bule de xente que ven dende as distintas parroquias: un ir e vir na praza do peixe, a xente entre os postos de roupa e de froita e verdura na feira; as compras para a semana nos supermercados, recados varios na mercería ou no zapateiro ou simplemente dar unha volta para ver o ambiente e tomar un café ou un viño.
  comenta   0
Como as elites abonaron o terreo para o rexurdir da ultradereita e o neofascismo.
  comenta   0
Como acontece en case todas as eleccións, sempre hai sorpresas que chaman moito a atención. Pois uns grupos melloran os resultados e outros minguan, ou se o prefiren fenecen. Mais nestas derradeiras Europeas a sorpresa maior deuna unha candidatura que, polo nome, parecía ser unha chanza mais ca un proxecto político. Ben sei que a política ten moito de saber falar e convencer ós votantes. Ten moito de saber vender o que propós e ate de engaiolar ós cidadáns acudindo á tocarlle fibra das emocións que sempre camiñan á contra de sopesar as propostas e, en resumo, van á contra do sentido común e a racionalidade.
  comenta   0
O economista e presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas (Vigo, 1949), ingresou este luns na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) cun discurso no que fixo un chamamento a crear "un novo contrato social focalizado en devolver dignidade e recoñecemento ao traballo e na creación de bos empregos".
  comenta   0
Aquel 25 de maio, dende as primeiras horas do amencer, a equipo de mecánicos e artilleiros da Aviación Lexionaria italiana afanárase por ter os nove avións da escuadrilla en perfectas condicións para voar.
  comenta   0
"Temos que os pais viven a guerra, os fillos viven a Transición e son actores políticos e os netos son os que din: 'non estamos de acordo con este esquecemento, con este silencio e deixar abandonadas estas vítimas, imos recuperalas'".Francisco Ferrandiz é antropólogo con traballos relacionados coa memoria histórica e asesora ao Goberno nesta materia. Participa no XVI Congreso de Antropoloxía que se celebra na Coruña. Fala con nós sobre a memoria histórica, a necesidade da súa recuperación e sobre todo, mantela viva durante as seguintes xeracións para non repetir os danos causados no pasado.
  comenta   0
Están integrados en todas as ramas militares do exército ucraíno. Defínense como inimigos da opresión. Son de varias nacionalidades: ucraínos, rusos, bielorrusos e de outros países occidentais. O seu lema é: “Pola nosa liberdade e pola túa”. Hai varios grupos anarquistas, pero a maior organización é o Comité de Resistencia. Trátase da principal coordinadora de voluntarios antifascistas e libertarios que tomaron as armas contra a invasión de Moscova. A nova crónica da corresponsal de GC na Guerra de Ucraína, Miriam González.
  comenta   2
Se cadra, o voto do medo funcionou como os señores do IBEX e da guerra querían. Se cadra, a pantasma do fascismo vaga pola Europa dos Mercados para fidelizar a clase traballadora (hoxe aburguesada no seu alienamento) ás políticas neoliberais.
  comenta   1
Manuel Monge acaba de publicar en Laiovento 'Feijóo. Biografía dun farsante (non autorizada)' onde debulla a figura aspectos que compoñen a figura de quen quere ser o próximo inquilino de La Moncloa. Este libro foi recomposto a última hora logo de anunciarse a convocatoria de eleccións para o 23 de xullo. Con todo, son máis de 300 páxinas que retratan un político nacido desde os designios máis escuros que hai detrás do PP.
Achéganse as eleccións xerais e o avispero esta revolto. Esto parécese ao ultimo día das fichaxes de xogadores de futbol. Cada un quere dar a sorpresa. Aínda que todo ser máis do mesmo. Neste caso coa novidade do veto a candidatos de Podemos.
  comenta   0
Este 9 de maio fai 78 anos do Día da Vitoria do Exército Vermello contra a Alemaña fascista. O 9 de maio foi a data na que Stalin obrigou á Alemaña nazi a asinar a súa rendición en Berlín.
  comenta   0
Hai uns días Xoán Hermida publicaba no dixital Infolibre.org un interesante artigo, “20 años del nacemento de la Ciudadania Global” no que analizaba o devir do movimento pacifista dende as mobilizacións multitudinarias contra a guerra de Irak ata a nula mobilización social contra a agresión imperialista rusa contra Ucraína. É sen dúbida unha reflexión acertada, que axuda a comprender o silencio cómplice, nun casos, moitos casos, de boa parte da esquerda.
  comenta   0
"O BNG no ano 2000 colle unha deriva e non se embarca en acabar con esa idea de españolismo contra nacionalismo para acoller, unir maiorías comúns sobre a defensa da esquerda social fronte á oligarquía. O erro do BNG foi non entrar mesa estratexia. Se o fixese, en 2012 a alternativa non se chamaría AGE e ademais o nacionalismo sería hexemónico dentro dese movemento". É a reflexión que fai Xosé Manoel Beiras dunha etapa convulsa do nacionalismo galego. Con motivo da tradución do libro 'Espertemos!' do filósofo francés Edgard Morin, o veterano político nacionalista denuncia a involución global por parte das oligarquías. As mesmas oligarquías, di, que están detrás do deseño de calquera sistema político, incluído o español de 1978 e, en consecuencia, "o sistema autonómico galego ao que se apuntaron os máis bestas".
  comenta   6
'Los Nadies de la guerra de España' é o novo libro de Francisco Leira, historiador da USC que trata de facer unha homenaxe a esas persoas anónimas que representan a moitas máis e ás súas familias.
  comenta   0
Estamos tan intoxicados un do outro Que de improviso poderiamos naufragar, Este paraíso incomparable Podería converterse en terrible afección.... Anna Ajmátova
  comenta   0
As sociedades semellantes á nosa teñen leis, decretos e ordes que son as que regulan a nosa vida cotiá. Desta maneira todos sabemos dos asuntos que podemos facer en función de tal lei ou decreto; e tamén os problemas que existen cando non acatas as normas. Mais, todos sabemos que hai leis non escritas que, sin estar plasmadas nin recollidas en ningúnha contitución o botelín, seguen funcionando na sociedade; siguen existindo incluso ó marxe de todo goberno ou estructura de poder. Pode que parezan xeralidades, que parezan ditos ou mesmo refráns, pero existen e, case sen decatarnos, forman parte da nosa vida.
  comenta   0
O artigo 1 da Constitución establece: “España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político. A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado”. Atendendo ao indicado, correspóndese coa realidade?.
  comenta   0
Salvador Moreno tamén segue tendo unha rúa no arsenal ferrolá, igual que José María González-Llanos y Caruncho, militar golpista, Fillo Predilecto e cunha estatua nunha rotonda do barrio de Esteiro.
  comenta   0
O Comité Galego de Apoio ao Donbass (CGAD) acusa os Estados Unidos e a UE de ter iniciado o actual conflito por financiar "o golpe de estado do Euromaidan".
  comenta   3
A Batukada feminista de Vigo Tamborililás e a Marcha Mundial das Mulleres denunciaron o ataque "fascista e misóxino" ao mural feminista deseñado por Eva Casais situado na Gran Vía da cidade olívica.
O presidente da Xunta di que "os fascistas son os que tiran perdas, non os que dan mitins solicitando un voto democrático; é xusto ao revés".
  comenta   1
O PP e o PBBI de Ribeira votaron en contra da proposta do BNG de Ribeira que instaba ao Pleno da Corporación Municipal a retirar simboloxía e honras franquistas.
  comenta   1
Faladoiros Literarios Feministas e un graffiti da artista urbana Sax forman parte do programa de actividades deseñado pola Concellería de Igualdade en torno ao Día da Muller.
  comenta   0
Hai quen estando no goberno, que é un órgano colexiado, xoga a ser oposición animando e incitando co silencio protestas na rúa. O obxectivo é apuntarse vitorias a costa de radicalizar a sociedade.
  comenta   0
Coñécense tamén os VII Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía en Galicia.
  comenta   0
A Plataforma, que naceu en xullo do 2019 na comarca da Coruña, loita polo dereito da sociedade a decidir e esixe que o monarca se presente ante a Xustiza.
  comenta   2
A campaña "Normalizar os Dereitos", impulsada polo Foro Galego de Inmigración, busca visibilizar as vulneracións que sofren as persoas migradas, rerfuxiadas e racializadas.
  comenta   0
Mal vai o denominado progresismo de esquerdas cando no canto de esixir como Executivo responsabilidade política aos seus opositores, perde o norte e centra o seu quefacer en promocionar a intervención parlamentaria do hipotético vencedor dunha guerra trivial entre neofranquistas.
  comenta   0
Ata a primeira sesión da moción de censura promovida por VOX contra o goberno de España de PSOE - PODEMOS, este outubro de 2020, moitos viamos unha mensaxe e ideoloxía franquista na ultradereita española; con todo moitos deles negábano, e outros o adornaban, pero nesa intervención dos deputados Garrido e Abascal todas as dúbidas quedaron despexadas, o seu faro para seguir é Francisco Franco.
  comenta   0