Atendidos por queimaduras dous anciáns tras un incendio na súa vivenda en Mos (Pontevedra)

O suceso ocorreu en Coto da Gándara, en Tameiga, onde vivían un home e unha muller de avanzada idade. Os veciños xa apagaran as lapas cando chegaron os servizos de emerxencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2018 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Un home e unha muller resultaron feridos con queimaduras nun incendio rexistrado na mañá deste xoves na súa vivenda, no municipio pontevedrés de Mos. Os afectados, dous octoxenarios, tiveron que ser trasladados ata un centro hospitalario.

Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Bombeiro en Vigo colabora na extinción dos lumes na cidade, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o lume iniciouse sobre as 11.30 horas nunha vivenda ocupada por dúas persoas de avanzada idade en Coto da Gándara, en Tameiga.

Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Baixo Miño, aínda que as lapas foran extinguidas xa polos propios veciños que alertaron do suceso.

Os feridos son un home e a súa muller en cadeira de rodas, que se atopaban sós na vivenda no momento dos feitos. As chamas afectaron á roupa e á leña que os octoxenarios tiñan na cociña. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta