Ingresa en prisión o veciño da Capela detido por intento de homicidio e de violación

A muller estivo en observación 24 horas tras recibir un forte golpe na cabeza ao oporse á agresión

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2018 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O xuíz ordenou o ingreso en prisión do veciño da parroquia de Sande, na Capela (A Coruña), detido como presunto autor dun delito de intento de homicidio e por intento de violación a unha muller veciña deste mesmo lugar.

Axente da Guardia Civil
Axente da Guardia Civil | Fonte: Europa Press

Segundo trasladaron fontes coñecedoras do caso, o suceso produciuse durante a noite do pasado venres ao sábado, 22 de decembro, sobre o cinco da madrugada, cando o home, de nacionalidade portuguesa e de preto de 50 anos, tentou abusar da muller na porta do seu domicilio.

O home deulle un golpe cun obxecto na cabeza ante a oposición da muller. As feridas que sufriu motivaron o seu traslado ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde permaneceu en observación durante 24 horas. Tamén sofre diversos hematomas por diferentes partes do corpo.

Ao parecer, a muller coñecía ao home, debido a que esta forma parte dunha comunidade de etnia xitana de nacionalidade lusa e residentes nesta parroquia do municipio de Ferrolterra.

Após os feitos, a Garda Civil procedeu á detención do home, sen que este opuxese resistencia. Após pasar a disposición xudicial, o xuíz ordenou o seu ingreso en prisión, mentres continúa a investigación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta