A maxia chega a Ferrol

Celébrase a segunda edición do Festival de Ilusionismo Porta Máxica que reúne desde este mércores a magos e ilusionistas de Francia, Cataluña, Andalucía e Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2019 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Recoñecidos magos de Francia, Cataluña, Andalucía e Galicia danse cita desde este mércores e ata o venres 4 de xaneiro na segunda edición do Festival de Ilusionismo Porta Máxica en Ferrol, unha iniciativa impulsada polo mago ferrolán Martín Varela en colaboración co Concello de Ferrol.

Martín Varela, mago
Martín Varela, mago

O Teatro Jofre acolleu na mañá deste mércores a presentación desta cita, que aglutina distintos talleres de maxia para nenos, espectáculos gratuítos de ilusionismo, dúas galas protagonizadas por prestixiosos magos e dúas actividades solidarias que se desenvolverán no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e na Residencia de Maiores da cidade.

Martín Varela resaltou o carácter internacional do festival, no que participan dous magos procedentes de Francia con espectáculos "moi orixinais e creativos". "Imos contar con algúns dos mellores magos do mundo", sinalou Varela, que puxo como ao francés Gaëtan Bloom, "un dos magos máis creativos do mundo".

Tamén destacou a proposta doutro mago francés, Jordan Gómez, que percorre o mundo cun número de prestidigitación, así como a do barcelonés O Gran Carlini cun espectáculo no que unha marioneta é a que fai a maxia. "Este número tivo tanto éxito que estivo unha tempada enteira en Broadway, en Nova York, nunha superproducción de maxia", sinalou Martín Varela.

Ferroláns e visitantes poderán gozar destas propostas en dúas galas que se celebrarán na xornada do xoves e do venres no Teatro Jofre. Espectáculos nos que tamén haberá cota galega e local.

Martín Varela concluíu que "Porta Máxica non busca outra cousa que traer ilusión á cidade. Ferrol é unha cidade que necesita moita ilusión e a maxia é o xeito máis efectivo de traer ilusión á cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta