A unlla de gato, unha especie invasora que colonizou a Torre de Hércules

Os labores de recuperación ambiental na contorna do monumento eliminan 122 metros cúbicos desta planta invasora nun programa de voluntariado ambiental no que participaron 26 persoas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/01/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A unlla de gato, Carpobrotus edulis, é unha especie de plantas da familia Aizoaceae. Orixinaria de Suráfrica ten tendencia a expandirse vexetativamente por grandes superficies xa que tolera moi ben as características edáficas inadecuadas para outras plantas, como a salinidade. Por iso, en Galicia, converteuse nunha especie invasora que prolifera en numerosos espazos naturais, especialmente, da costa.

A unlla de gato invade o espazo natural da Torre de Hércules
A unlla de gato invade o espazo natural da Torre de Hércules | Fonte: turismocoruna.com

Nos últimos anos, o entorno da Torre de Hércules convertérase nun lugar idoneo para a proliferación desta especie que crece de xeito descontrolado. Con todo, as accións de conservación e voluntariado ambiental levadas a cabo a través dun convenio de custodia do territorio nesta zona conseguiron retiraron 122,5 metros cúbicos de unlla de gato. 

As actividades realizadas no marco do convenio co Grupo Naturalista Hábitat leváronse a cabo en 11 xornadas de traballo entre os meses de outubro e novembro nas que participaron 226 persoas, entre veciños e veciñas da cidade, estudantes de catro centro escolares, voluntarios da Oficina de Medio Ambiente da UDC e persoas usuarias do Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábago. 

Durante as horas de traballo, recolléronse de forma manual 122,5 metros cúbicos de Carpobrotus edulis ou unlla de gato tanto na zona de Punta Herminia, onde se conseguiu eliminar, como ao pé da Torre.

A concelleira de Medio Ambiente, María García, indicou que este tipo de convenios continúan o traballo que está a realizar o departamento no eido da conservación ambiental. Entre eles está o estudo da biodiversidade da cidade, na que hai máis de 3.200 especies, ou a declaración de espazos protexidos nos ENIL (Espazo Natural de Interesa Local) das Illas de San Pedro, que xa ten o plan de conservación presentado ante a Xunta de Galicia, ou o da propia contorna da Torre de Hércules, na que tamén se puxo en marcha un plan de segas para favorecer o asentamento das aves. 

Neste sentido, García lembrou que "hai ano e medio que o Concello da Coruña solicitou vía Pleno a declaración dun espazo protexido no ENIL da Torre". "Non entendermos ese atraso ou, se cadra, esa falta de interese. Sabemos que estamos nun dos espazos máis valiosos da Coruña, con máis de 700 especies diferentes de flora e fauna, 1.400 se consideramos un quilómetro da contorna e o que queremos é blindalo para a súa conservación e a súa posta a disposición pola cidadanía con actividades como esta e moitas outras. Facemos un chamamento á Xunta para que aceleren os trámites porque é un procedemento que debería levar tres meses e levamos ano e medio esperando", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta