Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/01/2019 | Actualizada ás 17:28
Francico Mourelo, edil do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, presentou este luns a renuncia á súa acta de concelleira, segundo confirmaron fontes do partido. Esta renuncia farase efectiva o próximo 14 de xaneiro no pleno que celebrará a corporación municipal, segundo precisaron, tras a medida adoptada polo edil.
O concelleiro atribuíu esta renuncia a unha "decisión persoal" que, segundo comunicaría, levaba tempo meditando, pero que optou por materializar agora, a uns catro meses das eleccións municipais.
O pasado mes de novembro, o edil foi visto nun acto celebrado por Cidadáns coa presenza do líder da formación laranxa, Albert Rivera, e coa participación tamén do exalcalde herculino, Francisco Vázquez. Mourelo foi concelleiro de Educación e Deportes durante o mandato do exregidor do PP Carlos Negreira antes de que a Marea Atlántica accedese ao goberno local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.