Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2019 | Actualizada ás 13:55
A portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, pedirá no próximo pleno unha moción para designar co nome de 'Daniel Castelao' a estación intermodal da cidade.
Nun comunicado, a organización nacionalista ha recordado que Castelao fixo unha defensa da necesidade de mellorar o ferrocarril durante a súa etapa como deputado nas Cortes.
O Bloque Nacionalista Galego considera que, 85 anos logo das intervencións nas que Castelao ligaba a falta de infraestruturas á dificultade de Galicia para avanzar no desenvolvemento económico, a "desigualdade e a discriminación" con respecto a outros territorios "segue vixente".
"Por isto e por ser Castelao un político nacionalista destacadísimo, un exemplo a seguir e unha persoa que entregou todo por amor ao noso país, pensamos que é adecuado que a estación intermodal de Santiago reciba o seu nome", destacou Sanmartín, que tamén trasladou a proposta á Fundación Castelao.
O BNG compostelán considera que se deben aproveitar as obras para a dotación da estación intermodal para integrar no propio deseño do proxecto a tipografía e a obra gráfica do intelectual galeguista.
"Esperamos que esta moción que se debaterá no pleno de xaneiro teña o apoio de todos os grupos, xusto neste mes que se dedica a homenaxear e recoñecer a figura de Daniel Castelao", manifestou Goretti Sanmartín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.