Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, galego e empresario

O Foro Enrique Peinador inaugurará unha escultura do pintor e empresario no Día da Galeguidade Empresarial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Hai uns días, o 5 de xaneiro, fixo cinco anos do pasamento dun dos grandes artistas e impulsores da creatividade e da empresa galega, Isaac Díaz Pardo. E, para conmemoralo, este ano o Foro Enrique Peinador quixo adicarlle o Día da Galeguidade Empresarial ao egrexio artista de Compostela.

Monumento en homenaxe a Isaac Díaz Pardo obra de J.Molares
Monumento en homenaxe a Isaac Díaz Pardo obra de J.Molares | Fonte: Foro Enrique Peinador

“Isaac Díaz Pardo representa esa vella tradicións dos empresarios galeguistas e mecenas polos que piaban Antón vilar Ponte e Rafael Dieste en sinalados artigos”, destaca o presidente do Foro, Xosé González. 

O Foro Enrique Peinador, celebra todos os anos o Día da Galeguidade Empresarial co intención de facer chegar a mensaxe de inculturización empresarial e a incorporación da lingua galega a distintas actividades : convenio colectivo con cláusula de dereitos lingüísticos, páxina web, contratos de traballos, sinalética,etc. Pero tamén queren salientar sempre unha figura de empresario que difundira a cultura e a lingua do país, que este ano representa Díaz Pardo.

Nesta homenaxe, prevista nos xardíns que hai fronte á Facultade de Belas Artes de Pontevedra,  inaugurarase un monumento da autoría do escultor J. Molares. Esta obra escultórica foi posible grazas á subvención do concello, da Escola de Canteiros da Deputación e a colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O acto celebrarase o próximo día 26 ás 12;00 horas.

Nos días seguintes o Foro E. Peinador celebrará actos de investidura de galeguidade empresarial en Autos Rodriguez López e na conserveira Friscos. Seguiranlle Itelsis, Seguridade A1, Cooperativa Hoxe e Feiraco… En todas elas o formato será o mesmo: parada da actividade laboral para que no acto participen os traballadores, clientes e proveedores, coa finalidade de estendermos a mensaxe galeguizadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta