350.000 euros en premios da ONCE van parar a Pontecesures

Nesta localidade pontevedresa vendéronse nove cupóns do sorteo diario, agraciados con 35.000 euros cada un.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/01/2019 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O sorteo do cupón diario da ONCE deixou na localidade pontevedresa de Pontecesures nove cupóns premiados con 35.000 euros cada un, polo que repartiu uns 350.000 euros en premios.

Diñeiro
Diñeiro

Segundo informou a ONCE, o vendedor de produtos Ángel Naveira Portas foi quen repartiu a sorte na súa ruta habitual de venda de produtos de xogo da ONCE no municipio de Pontecesures.

O cupón diario da ONCE ofrece, por 1'5 euros, 55 premios de 35.000 euros ás cinco cifras, recorda a entidade, que precisa que o cliente ten a oportunidade, por 0'5 euros máis, de xogar tamén á serie, e gañar 'A Paga' de 3.000 euros ao mes durante 25 anos, que se engadirá ao premio de 35.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta