As tesoiras do editor de La Voz

Santiago Rey, que recibiu importantes subvencións nos últimos anos, acusa aos políticos de malgastar o diñeiro público.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/07/2011 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

O editor da Voz de Galicia, Santiago Rey, acaba de publicar unha das súas famosas cartas, nas que deixa ver a liña editorial do medio máis lido no país. O empresario volve a cargar contra a clase política, á que acusa de cebar á burocracia e ignorar ás demandas dos cidadáns.

None

Na véspera do Día de Galicia, Santiago Rey publica só en castelán que "son los impuestos de los contribuyentes los que tienen que proveer los obesos presupuestos de un entramado de instituciones, organismos y entes públicos que se pisan las competencias y apenas aportan más que laberíntica burocracia, lentitud y dificultad".

Entre os suspostos malgastos públicos Rey, dono de V Televisión, cita ás televisións públicas autonómicas e o "millar de diputados en nómina en diecisiete Parlamentos o Cortes regionales".

O editor argumenta que nestes anos a administración gastou demasiados cartos inutilmente.

La Voz de Galicia é unha das empresas que máis diñeiro público recibiu da Xunta recentemente. Por exemplo, o Goberno pagoulle en 2010 2,2 millóns para mercar a súa nova rotativa.

O CSIF, un sindicato próximo á dereita, calculou en marzo do ano pasado que La Voz recibira 22.500 euros por día dende que o PPdeG retomara o poder en San Caetano.

Rey, ao igual que o PP, reclama un adianto electoral para remediar a situación económica, que cualifica de "agonía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

23 Xan d¨outeiro

Que os periódicos non son as monxas benidictinas xa o sabemos todos.Que teñen gardadas noticias e información clasificada para ameazar e no seu caso quitar e facer dano tamén. O que xa resulta dun infantilismo atroz é que membros dun colectivo coma o nacionalismo galego non souberan distinguir cando a Voz de Galicia informaba correctamente e cando o Sr. Rey disparaba contra Quintana (as famosas fotos de arquivo) ou contra Touriño coas sillas, mesas e coches de luxo. Non ter esa capacidade mínima de análise custoulle ao BNG o deputado que lle deu o goberno ao PP. Agora todos nos laiamos; daquela disfrutabamos anunciando o noso rexeitamento a políticos corruptos segundo nos informaba la Coz de Galicia. Que inxenuos fomos e que miserables!! Hoxe estamos tirándonos os trastos á cabeza porque nos botaron do PODER. Ben feito, por imbéciles e carroñeros que somos!! Pero ainda non aprendemos. Nestes intres estamos a facer o mesmo cos poucos valores que nos quedan. Así nos vai!!

22 Xan d¨outeiro

21 Xan d¨outeiro

20 UN QUE TANTO LLE TEN

BOS DÍAS SEÑOR@S: Sexan xustos e documentense. Quen primeiro sacou as fotos de QUIN con JACINTO REY foi o xornal EL MUNDO, non LA VOZ DE GALICIA. Noutra orde de cousas, o tamden PSOE/BNG perderon as eleccións pola súa completa inoperancia e falta de entendemento. NIN SEQUERA OS SEUS PROPIOS VOTANTES lle renovaron o voto que lle deran 4 anos antes. Falta autocrítica na política e sobre todo no nacionalistmo. AO PASO QUE VAN AS COUSAS VAI DESAPARECER ANTES O BNG QUE A VOZ DE GALICIA. SAUDE para tod@s.

19 dona Urraca no seu castelo

A saida do Xornal de Galicia a poucos meses da convocatoria das últimas eleccións galegas foi un error total e absoluto por parte dos que patrocinaban este medio (Jacinto Rey e Quintana dende a xunta). A poucos dias da saida Santiago Rey presentou un libro sobre xornalismo na Coruña onde xa avanzou que ia sair unh diario apoiado por xente sen escrúpulos e con fondos de dubidosa procedencia. Este feito serviupara que desatara a campña que fixo contra Touriño e contra Quintana. Se Xornal saira á rúa tres anos antes tal vez la Coz non se sentiria tan forte para atacar daquel xeito. Erorores do bipartito que lle custaron a Xunta. Agora podese dicir se A voz é duns ou doutros. O que está claro é que se utiliza como arma contra o poder ou a afavor, segundo lle saian os números.