O concello de Muíños utiliza fondos europeos para subvencionar unha tourada

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) está detrás dun proxecto europeo que, ademais de produtos alimenticios, promociona touradas.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 01/08/2011 | Actualizada ás 00:04

Comparte esta noticia

O Concello de Muíños participa dun proxecto do INORDE, financiado con fondos do Programa Operativo de Xestión Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) dentro dunha convocatoria do programa de cooperación transfronteiriza que conta cun importante apoio ecónomico dos fondos FEDER (Fondos de desenvolvemento rexional da UE).

Este programa está dotado de case medio millón de euros co obxectivo de "desenvolver e valorizar productos endóxenos". O Concello de Muíños aproveitou parte destes cartos para promocionar a festa do galo 'pica no chan' e festa das sopas 'do burro canso'. Sen embargo, tamén utilizou estes fondos para promocionar, tamén,  unha tourada na que participará Julio Benítez 'El Cordobés', tal e como se pode ver no cartel das festas, no que aparecen os logos do INORDE e do FEDER.

Este municipio tamén se beneficia de 400.000 euros doutro proxecto europeo para a valorización do Parque Transfronterizo do Xurés.

INORDE e FEDER


O INORDE é un organismo autónomo de carácter administrativo dependente da Deputación Provincial de Ourense que foi creado en 1987. O seu obxectivo é o desenvolvemento económico da provincia de Ourense, tendo en conta aspectos ambientais e sociais que contribúan ó desenvolvemento sostible de toda a provincia.

Pola súa banda, a finalidade do FEDER é fortalecer a cohesión económica e social na Unión Europea corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións. O seu obxectivo é financiar:

- Axudas directas aos investimentos realizados nas empresas (en particular a PEME) para crear empregos sustentables.

- Infraestruturas vinculadas especialmente á investigación e a innovación, ás telecomunicacións, ao medio ambiente, á enerxía e o transporte

- Instrumentos financeiros (fondos de capital de risco, fondos de desenvolvemento local...) para apoiar o desenvolvemento rexional e local e favorecer a cooperación entre as cidades e as rexións

- Medidas de asistencia técnica.

A Plataforma Galicia mellor sen touradas denuncia "irregularidades" na utilización dos fondos europeos destes programas xa que non se usan para os fins que son consignados. Por iso, xa traballa na elaboración dunha batería de preguntas no Parlamento Europeo co grupo Verdes/Alianza Libre Europea.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

10 milhocorvo

HAi que ser malnacido e mala persoa pra disfrutar vendo como sofre un animal. ¨Pra cárcel ou pra o fundo da ría aos maltratadores de animais,crianÇas e mulheres.

9 CranioF

Queda claro, polas aportacións de moitas das mentes preclaras do noso país que a tourada nada tén que ver coa españolidade. Manipulacións taimadas e tendenciosas por parte de fanáticos e ultranacionalistas. O que ocurre é que aquí en Galicia enfréntanse a intolerancia gástrica do nacionalismo galego a calquera cousa que cheire a español (inda sen razón como xa puxen) e a paiasada pepeira que, penso para mín, que o que quere é cabrear aos nacionalistas. Non o fan máis que por iso. O de "promover o turismo e blablabláaa" non é máis que unha disculpa (hai que ser zoquete pa creela, todos sabemos que a xente -nacional e estranxeira- que vén a Galicia non ven a ver ese espectáculo, senón irían a Madrid, Sevilla, etc...). Noxo de políticos catetos que temos.

1 CranioF

¿Queren turismo? ¡A conservar o litoral, a combater os pirómanos, a valorizar a arquitectura rural...!. Non digo nada da gastronomía porque ao menos é o único que sí fomentamos con tantas festas temáticas.

8 Nilo

Grazas á Plataforma por destapar algo tan grave. E o mellor que podemos facer é o que máis lles doe aos organizadores dunha festa este verán non pasarnos por alí ante a boa oferta do resto do País. Ver a que liaron para facer esa fricada nun país onde ninguén ten afición as touradas e que vaian catro lacaios do PP, subordinados que fai tempo que perderon o seu criterio como demostran que aínda quedan nos moitos comentarios neste xornal, pero sempre firmador por eses catro, é o que mellor lles vai a facer entender o erro que tiveron. E mira ti que estas festas sonche importantes para a hostelería de vilas pequenas como esta.

1 Manoliño

¿Outro boicoz como o de Marineda? XD

2 Piche

Manoliño, Marineda xa comezou a facer publicidade en galego en varios soportes. DEbeu valer de algo a presión cidadá para facer valer dereitos democráticos, non?

3 Manoliño

Non me interesa nada Marineda e non podo dicir se contas unha verdade ou mintes. En calquera caso a experiencia di que os vosos boicoces so serven para que ventiledes emocións, que polo de agora o que pecha é GH, Vieiros, ANT pero non a Voz.

4 Pepero tolo

DE novo Manolo yes you can, yes you can

5 Nilo

Amigo sei que che custe entender que unha persoa exercite o seu criterio,de boicot nada, eu non vou ir simplemente, pareceme unha chafallada, na dereita nacionalista española monobloque a que pertencedes o primeiro que vos fan e eliminar o voso criterio persoal non vaia ser que empecedes a mostrar discrepancias ao lider e se divida o tema, non é?

6 Manoliño

Non. Paréceme ben que non vaias. Eu tampouco vou a Marineda, pero non monto numeriños por aí para que a xente non vaia. En calquera caso, como sempre, esquecedes o boi de Allariz, igualiño que que o Toro enmaromado de Benavente. E en CyL o toro enmaromado ten mala fama entre ecoloxistas. Pero como aquí foi o BNG que montou a festa do boi, os ecoloxistas e mais este apéndice do bloque que se chama Galicia Mellor sen Touradas, non din nin chiu. Por certo, a ver se deixan de montar apéndices que todo o mundo sabe que son o mesmo. Aínda non conseguín as entradas aos touros na Coruña, pero como mas dean, alí estarei.

7 Nilo

A min enviame un enlace serio dun grupo ecoloxista que argumenten en que puntos se sobrepasan nesa feira co animal e eu, que entre as miñas máximas está o ecoloxismo, chegaría a acordos contigo para esixir ao grupo municipal que sexan corrixidas. Ti expós máximas sen argumentalas, so cortas e pegas titulares de La Voz, criticas actitudes so do resto de grupos políticos e non do que votas. Séntate un día e reflexiona sobre ata que punto empregas o sentido crítico contra o PP, fainos ese favor.

8 Manoliño

"El Partido Animalista ha convocado para el próximo domingo, día 19 de junio, la primera protesta para pedir el fin del 'Toro Enmaromado' de Benavente ante su convencimiento de que la sociedad necesita acabar con "lacras semejantes" y "reconsiderar el trato" que se da a los animales". http://tinyurl.com/3slnr6p Eu o que digo é que a protesta da bloqueirada polos touros ten a súa orixe non en que lles importe o sufrimento animal como o evidencian as súas conductas primarias en calquera folga xeral, ou o apoio á Festa do Boi de Allariz. A orixe está nunha milonga que contan coa que no fondo queren colar o seu rollito identitario. E como se vos coñece de lonxe, non cola. De nada.

9 Xan

Non vexo que apareza esa denuncia argumentada do boi de Allariz que che pediron. Se existe agradeceríacho, pero se non a pós esta conversa é un exemplo máis do mal que che funciona a cabeza.

10 Manoliño

"La asociación ecologista Verdegaia rechazó la declaración de Interés Turístico de Galicia para la Festa do Boi de Allariz (Ourense), adoptada por la Consellería de Innovación y publicada en el Diario Oficial de Galicia el pasado 20 de junio. Para esta asociación, cualquier tradición que implique un trato "cruel y denigrante" para los animales "no sólo no debiera de ser de interés turístico, sino que debe ser expresamente prohibida". http://tinyurl.com/3vjpvow Que paciencia, virgen Santísima...

11 Nilo

Non explicas en que puntos concretos se pode mellorar ou mudar, o que demostra que falas sen coñecemento de causa, nin sequera das atopado a propia información das fontes e pegas novas de xornais que respeto pero tamén hai ecoloxistas que ven denigrante para os animais unha carnicería de barrio, cousa que non comparto. Tamén hai ecoloxistas que ven denigrante para un animal que existan churrasquerias no país, xa son graos de debate máis que respetabeis pero que ti empregas de xeito terxiversador porque dubido moito que te atopes nese grao de conciencia ecoloxista. Vamos que sigo na miña, por favor exercita a túa independencia, a-lo menos nos teus principios. Se me contraargumentos apropiadamente debatimos.

7 Ártabro

Muíños leva acento gráfico no "i". A ver se aprendemos a escribir.

6 Mariano José de Larra

"Los madrileños se acercan al circo a ver un animal tan bueno como hostigado, que lidia con dos docenas de fieras disfrazados de hombres"

1 CranioF

Larra, outro que valía a pena na España do seu tempo, igual que Jovellanos. Pero hai politicuchos que lén pouco (ou nada).