Varios eurodeputados, entre eles Senra, exhiben carteis de políticos cataláns presos ante Sánchez na Eurocámara

Foi durante o discurso do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Parlamento Europeo.

Por Europa Press / Redacción | BRUSELAS | 16/01/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Un grupo de eurodiputados mostrou carteis cos rostros dos nove políticos cataláns presos e os sete fuxidos, como o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont durante o discurso do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no Parlamento Europeo para reclamar a súa liberdade.

Lidia Senra
Lidia Senra

En concreto, mostraron estas imaxes, os eurodiputados de ERC Jordi Solé e Josep-Maria Terricabras, o eurodiputado de PDeCAT Ramón Tremosa, ademais da representante de PNV Izaskun Bilbao e a eurodiputada de AGE Lidia Senra.

Tamén participaron na protesta os eurodiputados da Alianza de Liberais e Demócratas Europeos (ALDE), Antonio Marinho e Ivo Vajl, os eurodiputados dos Verdes José Bové, Tilly Metz, Bart Staes e Bodil Valero, os representantes de Esquerda Unitaria Europea (GUE) Martina Anderson, Matt Carthy, Barbara Spinelli e Marie-Pierre Vieu e o eurodiputado do partido nacionalista flamenco N-VAI Marc Demesmaeker.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta