Suprimir 22 concellos e dúas deputacións en Galicia?

Que administracións habería que fusionar para aplicar o recorte italiano no país? GC avalía que concellos e deputacións poden suprimirse na próxima lexislatura no Estado e presenta as posturas dos diferentes partidos galegos.

Por Walter Burns | Ourense | 16/08/2011 | Actualizada ás 22:05

Comparte esta noticia

Suprimir as provincias de menos de 300.000 habitantes ou de 3.000 km2 de superficie, é dicir,  e os concellos con menos de mil habitantes. Estas son algunhas das medidas anunciadas por Italia para calmar a ese anónimo ente chamado "os mercados", capaz de amedrentar a calquera goberno democraticamente elixido.

O anuncio de Silvio Berlusconi desatou de seguido un debate en España, estado cuxa solvencia tamén está en cuestión. Por exemplo, este martes o candidato do PSOE á presidencia do Goberno Alfredo Pérez Rubalcaba apostaba pola eliminación das deputacións, que en Galicia leva anos a demandar o BNG. Alfredo Pérez Rubalcaba argumenta que as provincias son produto do século XIX e que cómpre eliminalas ou redefinilas súas funcións.

O debate tamén chegou a Galicia. O presidente da FEGAMP, o socialista Carlos Fernández, alertou esta semana que moitos municipios poden quebrar se a Xunta non asume o pagamento de parte dos servizos municipais. Neste contexto, hai voces tanto no PSOE como no PP que falan da necesidade de fusionar concellos en Galicia. Agora ben, ninguén se atreve a concretar que concellos deberían ser eliminados.

De aplicarse o criterio italiano, Galicia perdería 22 concellos. Velaquí a lista de entidades que se poderían suprimir, segundo a súa provincia e ordenada por número de habitantes  segundo provincias:

Ourense Blancos (Os) 997
Ourense Lobeira 994
Ourense Manzaneda 994
Ourense Vilar de Santos 970
Ourense Gomesende 968
Ourense Montederramo 961
Ourense Xunqueira de Espadanedo 948
Ourense Punxín 840
Lugo Muras 787
Lugo Triacastela 771
Ourense Quintela de Leirado 751
Pontevedra Mondariz-Balneario 734
Ourense San Xoán de Río 734
Ourense Vilariño de Conso 675
Ourense Parada de Sil 670
Lugo Ribeira de Piquín 664
Ourense Pontedeva 661
Ourense Chandrexa de Queixa 639
Ourense Larouco 584
Ourense Beade 515
Ourense Teixeira (A) 447
Lugo Negueira de Muñiz 207

Ademais, dúas provincias galegas, Ourense e Lugo estarían preto de seren suprimidas de acordo ao baremo italiano. Ourense ten 336.000 habitantes e Lugo 355.000. De confirmarse a continúa caída demográfica, pronto entrarían nas administracións a fusionar.

None

Baltar gasta máis do 40% do que ingresa en soldos

A Deputación de Ourense, en mans do PPdeG ten 851 empregados directos, o que a converte no maior empregador da provincia. Segundo denunciaron a oposición e multitude de medios, a maioría destes traballadores son cargos do partido conservador ou familiares seus. O ente que dirixe José Luís Baltar adica máis do 40 por cento dos seus ingresos a pagar aos seus asalariados, mentres que na Coruña non se chega ao 18 por cento.

O caso da Deputación de Ourense pode ser o máis extremo, pero non é o único nun país no que as contratacións públicas a miúdo soen executarse en función das afinidades políticas. As palabras de Rubalcaba mostran que tanto pequenos concellos como os entes provinciais poden ter os seus días contados. O novo presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo (PP), xa se  mostrou a prol da fusión dos municipios pequenos sempre que sexa por vontade propia malia que, loxicamente, está en contra da fin das deputacións.

Con todo, hai algo sobre o que ningún político se atreve a pronunciarse, o futuro dos funcionarios que fiquen sen labor no caso de extinguirse as súas administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

10 Agustín

Biba Baltar, home listismo e un demócrata de pro. Moitos como este nos fan falta para liberar Jalisia. O que non teña choio que prejunte, que sempre ay sitio para outro familiar do familiar do amijo do familiar. Si non ay sitio avisade que prepago unha oposición e métovos a todos, por cartos non será!! vos pagade os impostos, que dos favores xa me encarjo eu.

9 Costadamorte

Pois eu o teño claro, na Galiza o primeiro paso é partir do Plan Comarcal de Fraga, (o da Lei 7/1996 ainda vixente), e tras un periodo de novo de consultas e alegacións por si procede algunha modificación puntual, (trocar algún concello de comarca ou dividir ou agrupar algunha das comarcas hoxe definidas), reducir os 315 concellos actuais a 18 na Coruña, 13 en Lugo, 12 en Ourense e 10 en Pontevedra, iso faríase fusionando todos os concellos de cada comarca nun soio co nome da comarca, e con cabeceira na localidade mais importante, e as vilas e parroquias que quiseran manter certa identidade pois terían facilidades para constituirse en entidades locais menores das recollidas na Lei de réxime local...

1 Costadamorte

Por outra parte, con istes poucos concellos, xa todos de certa dimensión, deixarían de ter sentido as deputacións, polo que procedería primeiro valeiralas trasferindo o seus medios e persoal, ben a Xunta, ben aos novos concellos, e logo, cando a inevitable reforma constitucional o permita, suprimindoas directamente.

2 xan soares

Totalmente dacordo. Saudos.

3 Guillermo rodríguez Fdez.

Estou de acordo con Costadamorte. Para evitar o rechazo localista que todos levamos dentro, os concellos integrados manterían o seu nome e pasarían a ser entidades menores con capacidade para manter algún tipo de identidade; algo así como as Freguesías portuguesas: festas, romarias, entidades deportivas, etc. As parroquias srian como rúas, coa súa numeración correspondente.Deste xeito evitariamos o rechazo que supón a eliminación dos pequenos concellos.Con menos de 10.000 habitantes non deben existir concellos.

8 mondelemos

Os empregados das administracions extintas, pois como os empregados das empresas desaparecidas nesta crise ... o paro, que asi verias com algun se espilia o ver que o seu posto pode extinguirse, e que cobren do FOGASA como os que terminaron na rua. Que non esta o pais para favoritismos con alguns cupacartos que hai pola administracion.

7 Xornal de Galicia

6 lourenzo

Un país non pode aturar certos despilfarros. A Deputación de Lugo, por exemplo, está pagando uns asesores ben caros, para qué. Unha concelleira de Mondoñedo, 50.000 euros o ano, ou o alcalde de Viveiro, 31000. Os soldos dos deputados están fóra de lugar, 57.000 euros a vice-presidenta Lara Méndez. E iso que estamos en crise. Cánto cobraban antes moitas destas persoas. A Deputación invistiu 450.000 euros no céspede artificial do campo de futebol en Foz, agora outro cantos miles na cafetería do Cenima, e tamén está a ofrecerse para o proxecto do novo xeriatrico de Foz. Realmente está para iso a Deputación, mentras tanto, non dá arranxado un badén na estrada que vai de san Xorxe a Canedo, en Lourenzá. Contradiccións dun país que vai de rico, e o que ten é moi mal distribuidos os cartos de todos.

1 Agustín

Hehehe hai que ver que análise tan anodina. Menos mal que este home non visita nin analisa a Deputación de Ourense. Seguro que si o fixera entendería porque é a máis endevedada de Galicia. En fin, démoslle a razón ao Sr. Lourenzo e unha recomendación: visite Ourense!

2 Lucense

E nom che digo o que fam os pequenos concelhos com assessores, assessores destes e demais sinecuras: veja-se um exemplo aqui: 46.000 euros anuais em 2 desses postos nomeados a dedo num concelho deprimido do interior da província de Ourense: http://noticiasdeviana.wordpress.co...