A campaña de vacinación da gripe mantense ata o vindeiro venres 25 de xaneiro

A Consellería de Sanidade informou que xa se vacinaron unhas 560.000 persoas dende que se iniciou a campaña en outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/01/2019 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia recordou que prorrogará ata o vindeiro venres 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe que se está desenvolvendo na comunidade baixo o lema 'Contaxia a túa enerxía e non a gripe'

Vacina, gripe, sanidade, enfermería, paciente, enfermidade, saúde, sanidade. XUNTA
Vacina, gripe, sanidade, enfermería, paciente, enfermidade, saúde, sanidade. XUNTA | Fonte: Europa Press

A Consellería indicou que este ano se atrasou a chegada da onda de gripe á comunidade e, polo tanto, "todas aquelas persoas que o desexen e non o fixeran", aínda están a tempo de vacinarse.

Tal como sinalou a Xunta, a vacina está dispoñible nos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, como nos centros de saúde ou nos hospitais, así como nos centros sanitarios privados ou nas residencias da terceira idade.

Segundo datos da Administración galega, desde o 22 de outubro, cando se iniciou a campaña, vacináronse unhas 560.000 persoas, o que supón 30.000 vacinados máis que ao final da campaña anterior.

No caso concreto das persoas de 65 ou máis anos, un dos grupos de risco para os que a vacina está "especialmente indicada", o número de vacinados ata a data ascende ata 391.322 cidadáns, 9.404 máis que o ano pasado.

Xunto coa mellora das coberturas na poboación xeral, Sanidade subliñou o aumento do número de vacinados entre os profesionais sanitarios, case un 32% máis que o ano pasado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta