Parón nas exportacións, o motor da economía galega

Caen un 4,7%. Hai unha desaceleración no tramo final de 2018, con descensos de vendas de manufacturas e sector do automóbil

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2019 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

As exportacións galegas romperon en novembro de 2018 coa súa serie alcista, ao rexistrar unha caída do 4,7% respecto ao mesmo mes de 2017. Con todo, no acumulado do ano --11 primeiros meses-- rexistra unha alza do 7,2%, pero modera o seu incremento na parte final do exercicio.

Factoría de Citroën en Vigo. PSA - Arquivo
Factoría de Citroën en Vigo. PSA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Segundo o informe de comercio exterior que publica este martes o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas (por valor de 1.979,4 millóns) diminuíron no mes de novembro máis de catro puntos por encima da caída media en España (-0,3%).

Neste mes, en Galicia as principais exportacións proviñeron dos sectores de manufacturas de consumo (30,2% do total, descenderon un 8,5% interanual), bens de equipo (15% do total, creceron un 12,2% interanual) e sector automóbil (14,2% do total, diminuíron un 20,4% interanual).

No tocante ás importacións, no undécimo mes subiron un 5,3% en Galicia, ata 1.689 millóns de euros. De tal forma, hai un saldo positivo para as exportacións de 290,4 millóns, pero que é 38,6% menor que o do mesmo mes un ano antes.

EVALUACIÓN DE 11 PRIMEIROS MESES

Pola súa banda, nos 11 primeiros meses do ano hai un avance do 7,2% das exportacións galegas ata 21.313,3 millóns, o que supón máis do dobre da taxa de crecemento en España (+3,4%).

Aquí identifícase unha desaceleración no ritmo de aumento de vendas galegas ao exterior, xa que ese 7,2% está máis dun punto por baixo do incremento do 8,6% que había nos primeiros 10 meses do ano.

Galicia é a sexta comunidade con máis peso de exportacións (supoñen o 8,1% de todo o Estado). á cabeza está Cataluña (o 25,2%), seguida por Andalucía (o 11,2%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta