Beiras chama "nazis" a Vox: "Poden acabar cazándonos como coellos, como en 1936"

Acusa o partido de ultradereita de ir "contra a Constitución e os Dereitos Humanos" e di que "nun país democrático" serían ilegalizados

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2019 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O histórico dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras chamou "nazis" a Vox, un partido que, ao seu xuízo, "nun país democrático" sería ilegalizado por ir "contra a Constitución e os Dereitos Humanos".

Xosé Manuel Beiras. EN MAREA - Arquivo
Xosé Manuel Beiras. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así se expresou o referente de Anova, que este mércores rompeu o silencio que mantiña desde hai meses. Acompañado polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, Beiras censurou que a "brunete mediática" trate de "blanquear" o "fascismo" do partido que dirixe Santiago Abascal.

Por iso, chamou ás forzas de esquerda a "tecer alianzas alternativas" fronte ao "auxe da extrema dereita". "Se non o facemos, de aquí á volta do verán poderán acabar cazándonos como coellos como fixeron no 36, aínda que o fagan doutra forma", apostilou.

Neste sentido, comparou a ilegalización de certas forzas políticas co "que se lle permite a Vox, que viola a Constitución e os principios da Declaración dos Dereitos Humanos". "Debería estar ilegalizado", remarcou Beiras en referencia a Vox.

"Hai que dicilo ben claro: hai un inimigo principal e xa non é o xogo bipartidista. Agora o problema é o cambio de eixo que houbo na plutocracia, na gran banca, no Ibex 35 ou os poderosos do FMI", teorizou Beiras, que cre que existe un xiro dos poderes fácticos cara a "o fascismo".

"Chamémolo polo seu nome", exhortou o cofundador de Anova, que sostén que o pacto dos partidos de dereita posto en práctica en Andalucía é "unha hidra de tres cabezas" á que "a esquerda ten que adiantarse" para "non lamentarse despois".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 ---

Por un referendum en Galicia para decidir qué partidos son ilegalizados.

3 anonimo9803

Cazados como conejos tal como ocurrió en Paracuellos de Jarama, ¿no, señor Beiras?

1 Sentidiño

Querido amigo: A vida é fermosa, pero breve. Por qué perder o tempo a opinar en sitios coma este, cando okdiario e intereconomía devecen por xente coma ti? Que teñas unha vida feliz. Namasté.

2 Chico Percebe

Curioso que quienes piden modificar la Constitución para cambiar la estructura territorial de España y abolir las Autonomías, sean tachados por Beiras como nazis y quienes la han violado con votaciones ilegales y han ignorado sus preceptos durante décadas, sean vistos como ejemplos de demócratas de toda la vida. Algunos independentistas y nacionalistas son quienes se comportan como nazis y racistas. Si se lo llama a los de Vox, que haga lo mismo con quienes duermen con él en su cama política.

1 Gamela

Cal é o camiño para ilegalizar a Vox ? Ou a Alternativa por Alemania? ...