Homenaxe a Lidia Senra e ás labregas das Encrobas

As veciñas de Cerceda recordan para as cámaras de GC a loita contra "os do gorro que viñan con pistolas". Unha videocrónica de Tingalaranga sobre a última romaría do Sindicato Labrego Galego.

Por Galicia Confidencial | Cerceda | 04/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

"Foi moi triste, eu cada vez que o recordo, non podo falar. Había que se levantar moi cedo, aínda era noite, aí fomos andados con sachos e fouces... Moita xente de idade, que non podía andar, e máis subíase a ...  para enfrentarse aos .... non podo falar ... para enfrontarse aos do gorro que viñan con pistolas e fusiles contra nós".

None

Quen así fala é Francisca de "Angueiro", unha das labregas que participou na romaría do Sindicato Labrego Galego o 31 de Agosto nas Encrobas. Baixo o lema "por un mundo rural vivo",  a central nacionalista centrouse este ano en render homenaxe ás persoas que tentaron parar as expropiacións para a central térmica durante a Transición, unha industria que hoxe esmorece en Cerceda pois apenas traballa unhas semanas ao ano.

Libro sobre Lidia Senra

Ademais de lembrar o conflito, na romería presentouse o libro de Tareixa Ledo Regal "Lidia Senra Rodríguez, a historia dun liderado entrañable", unha análise do traballo da anterior líder do SLG, unha traxectoria na que a loita das Encrobas significou un salto definitivo na movilización nacionalista entre os labregos.

Senra dixo estar orgullosa de  "poder compartir con outras mulleres que foron protagonistas dunha loita moi importante contra os impactos desta central [térmica] e no día a día por sobrevivir como mulleres e como labregas".

Pola súa banda Ledo Regal destaca o papel de Lidia Senra para que as labregas gañasen protagonismo no mundo rural e deixar de ser "as eternas esquencidas". A autora argumenta que as mulleres entenden mellor ideas como a soberanía alimentaría lonxe do concepto de "explotación" que domina hoxe o rural. "As mulleres van ter un papel fundamental para construír a alternativa social", conclúe.

No local social de Pontoxo tamén houbo tempo para a música. Actuaron, entre outras, as cantareiras das Encrobas acompañadas da súa profesora María X. Silvar e a cantante Ses, que acaba de estrenar disco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

7 clBYPKSzQaK

6 qMqcDWCJmcC

5 tXegvKZArVr

Thought it wduoln't to give it a shot. I was right.

4 Andamolho

Parabéns e forza a estas mulheres galegas nobres que luitam coa dignidade de sentir o orgulho do que som Mulheres e Galegas e trasmiten esa sua forza as novas xeracions.

3 Manoliño

Na miña infancia dicíase cando unha muller era moi axitada, que parecía que lle ía dar algo: "pero esta... parece de las Encrobas" XD Moitos anos despois souben que Fenosa quixo facer, como de feito fixo, unha central térmica no val das Encrobas explotando o lignito que se agachaba alí. Disque as mulleres desa zona, que era entón da Galicia profunda, á que se chegaba a traverso de camiños moi malos enfrentáronse á Garda Civil cando ían facer o lanzamento das terras. Esta protesta, sen violencia e sen mortos fixo que Fenosa lles fixera casas aos expropiados, que lles pagaran as terras a mellor prezo e que lles dera traballo na mina.

1 Manoliño

Contábase unha anécdota de Meirama que da idea da "profundidade" daquela Galicia. Nos vestuarios da mina e da fábrica instaláronse tazas de wc como as que pode haber en calquera casa hoxe. De forma chamativa había que repoñer tapas das tazas que aparecían rotas de xeito sistemático. Fíxose unha investigación interna e resultou que os obreiros non sabían facer augas maiores sentados. De toda a vida fixéranas indo ao galiñeiro ou ao medio do millo e alí agachábanse e evacuaban. Na fábrica subíanse ás tazas, poñían os pes nas tapas de plástico que rompían co peso. Ao final tiveron que sustituir as tazas por baños turcos, nos que se poñen os pes, permíten agacharse pero non sentarse.

2 Cholas

Vamos que según ti, vivian na idade de pedra e Fenosa trouxolles a civilización, como se dun novo xeneral Custer se tratase. O que foi verdade é que lles robaron a sua forma de vida, é moitos expropiados a forza. O u si doulles traballo na mina, cando a un quitanlle o seu medio de vida é obriganlle traballar na mina, chamase escravismo.

3 Manoliño

¿Roubar? ¿Obrigados a traballar na mina? Os soldos que cobraron nunca os acadaran co seu xeito "tradicional" de vida. Entendo tamén que ti estás en contra das expropiacións forzosas polo interese xeral, co cal case que ningunha obra pública sería posible. Home, iso chámase demagoxia. Calquera expropiado protesta. O que interesa i é xusto é que a expropiación se faga pagándolle un prezo xusto. Non tiñan que darlles traballo na mina en absoluto que cando a alguén lle expropian un terreo para o AVE tampouco o empregan en RENFE. O interese xeral está porriba do particular. Fixeron ben en protestar, os prezos que lles querían pagar eran moi baixos. E senón vivían na idade de pedra, penso que o facían dun xeito moi pobretón e sobre todo, que era o que quería destacar, moi illados do seu entorno mais avanzado da "civilización": camiños de lama, congostras, etc.

4 cagon

Manoliño....é ven que vaias caghar de campo!!! Pensa o ladrón que todos son da súa condición! Ignorante

5 CranioF

O desta anécdota pode ser ben certo. Eu lémbrome da aldea hai 30 anos ou máis, cando era cativo. Para un neno afeito a vivir nun piso, ver o estilo de vida da xente máis pobre da aldea era chocante. E mesmo na casa dos meus tíos non había nin electricidade nin cagadeiro. O terceiro mundo, vamos. E era en Melide, entre Lugo e Santiago, non no último recuncho dos Ancares.

6 rula

Era chocante para ti CraneoF...que nunca viras un teto de vaca! Hoxe en día a ignorancia está máis na cidade que pensan que as berzas son bonsais! estar illados nos 60 é habitual, hoxe as illadas sodes as xentes das cidades! Illadas no consumo, no ruido, na indiferencia...!

7 xan

O peor de todo é que nas cidades moitas persoas siguen vendo as aldeas como lugares de xentes atrasadas sen pensar que a ignorancia está nas cidades onde sen consume sen saber o que e se come o pior do mercado a prezo alto!!!! Cagar sempre cagei de neno na horta e nos anos 70 chegou o wc as aldeas...pero tamén a aqueles lugares onde non chegou fenosa!!! é increible a retórica que se emprega aqui para desacreditar a xente honrada e xustificar a mafia!

8 CranioF

Pois se o dís por min, metiches a pata, como soe ocurrir por aquí (o deporte preferido é terxiversar o que din os outros). A mín sempre me encantou a aldea, sempre traballei na temporada da herba, e sempre levei as vacas aos prados. Son dos mellores recordos que teño. O que digo é que era catastrófica a situación dalgunha xente. E falo dos últimos 70 e principios dos 80, non dos 60. E inda podo poñer comparación coa aldea do meu pai, en plena montaña asturiana, moito máis alonxada das vías de comunicación e as cidades. Pois tiña electricidade, e unhas casas que polo menos eran iso, casas. O caso da aldea galega era directamente tercermundista.

9 CranioF

Cando xa non me gusta a aldea é agora. Semivaleira, sen actividade, e con casas caídas. No caso da asturiana, pasto do turismo de verán (está en Somiedo, parque natural), e o resto do ano, case nada. E no caso da galega, directamente nada...

10 gandeiro

Queres decir que nos 70 a xente da cidade estaba cun nivel impresionante! Nas casetas do extraradio e traballando para 4 señoritos? TERCERMUNDISTA es tí, CreaneoF, aínda que presumas de coñecer a aldea cheira ao lonxe que o único que fixeches foi pasar por ela de lixeiriño! Demostrar coñecer ben pouco as aldeas de Galicia. Xente coma tí está ben na cidade opinando do campo!!!! Do manoliño xa nin opino!

11 Antón

ben falado gandeiro!! pero contestarlle a estes falabaratos ós que lle "encanta" a aldea (vaia cursilada) e perde-lo tempo. Deixadeos que boten a lingoa a pacer, que pra ser coma os da aldea teñen que volver a nacer.

12 Antón

Non será Furelos a aldea da que fala ese falabarato de Cranio. porque daquela é mentira que non houbese electricidade hai 30 anos. Por certo; magoame que sexas de onde a miña familia é. O que estou certo é que botarias de menos o cagadeiro... es moi "fisno" ti.

13 CranioF

De aldea son os meus pais, borricán de Antón. E mira a ver se na parroquia do Meire había luz no ano 79-80. ¿E porqué vos molestades tanto?, só digo o que vín, a ver se pensades que me gustaba ver ese desastre. Pregúntalle, Antón, á xente de idade se coñecen aos do Curro, da Graña do Meire, e cómo vivían. Arrepiante. Pero vos seguide insultando, non se pode falar de nada.