Homenaxe a Lidia Senra e ás labregas das Encrobas

As veciñas de Cerceda recordan para as cámaras de GC a loita contra "os do gorro que viñan con pistolas". Unha videocrónica de Tingalaranga sobre a última romaría do Sindicato Labrego Galego.

Por Galicia Confidencial | Cerceda | 04/09/2011 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

"Foi moi triste, eu cada vez que o recordo, non podo falar. Había que se levantar moi cedo, aínda era noite, aí fomos andados con sachos e fouces... Moita xente de idade, que non podía andar, e máis subíase a ...  para enfrentarse aos .... non podo falar ... para enfrontarse aos do gorro que viñan con pistolas e fusiles contra nós".

None

Quen así fala é Francisca de "Angueiro", unha das labregas que participou na romaría do Sindicato Labrego Galego o 31 de Agosto nas Encrobas. Baixo o lema "por un mundo rural vivo",  a central nacionalista centrouse este ano en render homenaxe ás persoas que tentaron parar as expropiacións para a central térmica durante a Transición, unha industria que hoxe esmorece en Cerceda pois apenas traballa unhas semanas ao ano.

Libro sobre Lidia Senra

Ademais de lembrar o conflito, na romería presentouse o libro de Tareixa Ledo Regal "Lidia Senra Rodríguez, a historia dun liderado entrañable", unha análise do traballo da anterior líder do SLG, unha traxectoria na que a loita das Encrobas significou un salto definitivo na movilización nacionalista entre os labregos.

Senra dixo estar orgullosa de  "poder compartir con outras mulleres que foron protagonistas dunha loita moi importante contra os impactos desta central [térmica] e no día a día por sobrevivir como mulleres e como labregas".

Pola súa banda Ledo Regal destaca o papel de Lidia Senra para que as labregas gañasen protagonismo no mundo rural e deixar de ser "as eternas esquencidas". A autora argumenta que as mulleres entenden mellor ideas como a soberanía alimentaría lonxe do concepto de "explotación" que domina hoxe o rural. "As mulleres van ter un papel fundamental para construír a alternativa social", conclúe.

No local social de Pontoxo tamén houbo tempo para a música. Actuaron, entre outras, as cantareiras das Encrobas acompañadas da súa profesora María X. Silvar e a cantante Ses, que acaba de estrenar disco.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 30 comentarios

2 mulheres+revoluçom

Viva as mulleres labregas! Todas as mulleres! que sen elas nunca existirá unha Galiza Ceive de verdade!

1 CranioF

Home, lóxicamente. Sen as mulleres non pode existir pobo ningún no mundo.

2 luisa

CranioF...falas da importancia da reproducción non? segues na túa liña conservadora e ortodoxa! Non me estrana coñecendote!

3 CranioF

XESÚS, que coidado hai que ter. Só era unha brincadeira que me puxo a huevo o que escribía arriba. Tal como o pón, pois é moi lóxico, non existirá unha "Galiza Ceive" nin sen ceivar.

4 Antón

Típico de Cranio e os seus, as brincadeiras ramplonas e sinxelas... a capacidade da parte do corpo do que saca o seu alcume non da pra máis!

1 Xurxo Barreiro

A UPG desfixo o que a Garda Civil non puido desfacer. Viva Lidia Senra e viva o SLG! Viva Galiza Ceibe!

1 serea

Algo tería a ver a actual dirección, non? A culpa a nadie lle gosta,éche moi fodida!

2 Curiosidade

Gustaríame saber canta da xente que traballaba no SLG nas súas orixes sigue alí? saber que foi dela? e por que nos actos de homenaxe do sindicalismo agrario daquela época nunca me cadrou que se nomearan?

3 miguel

Parece mentira unha sindicalista como Lidia Senra, que despida a unha muller do SLG por estar casada cun avogado da CIG, iso si que é femenismo, que lle investiguen a lidia senra e os seus asuntos económicos, que os seus defensores e defensoras igual se levan unha sorpresa.

4 sindicalisto

Para a persona q asina coma Miguel! Despediu Lidia a alguén directamente? decisión persoal? Que pasa cos seus asuntos económicos!? Co que escribiches o único que fas e tirar borralla en ollo alleo sen motivo nen proba!

5 Miguel

Moi doado, a sociedade SAC, propietaria de varios locales do SLG está a nome entre outros de Miguel Méndez, maridisimo de Lidia Senra, e de Pepe Ramón, entre outros, vale. Lidia non sei se asignou, evidentemente asignou Carmencita la fantástica, e no despido dise decisión únanime de toda a executiva ¿a caso Lidia Senra non está na executiva do SLG, leva os cartos e a organización?..

6 riquiña

Son rumores ou hai probas de fraude?