Cespa recoñece deficiencias na recollida de lixo da fin de semana na Coruña

O Concello da Coruña pídelle que entregue un informe sobre a situación dos camións de recollida de lixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña reclamou á actual adxudicataria dos servizos de limpeza e de recollida de residuos, a empresa Cespa, que achegue, no prazo dunha semana, documentación sobre o estado da maquinaria, que será examinada de forma externa.

Colectores de lixo
Colectores de lixo | Fonte: Europa Press

Así o transmitiu a administración local despois de que o Sindicato de Traballadores da Limpeza denuncie que desde o xoves quedaron sen recoller colectores de lixo da cidade porque varios camións non puideron saír ante o seu deficiente estado.

Desde o departamento de Medio Ambiente, dirixido por María García, recordouse que é obrigación e responsabilidade da concesionaria garantir o correcto estado da maquinaria empregada e a adecuada execución do servizo". Ademais, Medio Ambiente descontará da factura o traballo non realizado e valora a posibilidade de establecer sancións.

En todo caso, segundo os datos achegados por Cespa ao Concello, na noite do sábado ao domingo foron 14 os camións que realizaron o servizo de recollida, fronte aos 22 habituais en semana. Destes, 4 acabaron a recollida habitual.

No entanto, lamentou os prexuízos que esta situación pode carrexar aos cidadáns, avanzando que tanto na xornada do sábado como na do domingo os servizos de limpeza e de recollida foron reforzados na xornada diúrna.

María García precisou, nun comunicado, que "existe unha demanda dunha central sindical que se refire ao mal mantemento da maquinaria e o seu incidente nas condicións de seguridade", pero que o Concello "nunca" tivo constancia de que "existisen deficiencias que puidesen comprometer a correcta execución do servizo".

Aínda así, remarcou que o goberno local está "a actuar con celeridade e para solicitar á empresa que cumpra coas súas obrigacións, que comezan por un servizo eficiente para a cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cespa en Vigo pasou case un ano mareando a concesión e paralizando o servizo de parques e xardíns... Debera existir un ficheiro de Empresas que NON Cumpren coas Administracións para evitar que outros concellos pasen polas mesmas dificultades e que os cidadáns paguen o calote !!!