Galicia terá este martes avisos por refachos de vento de máis de 80 km/h e ondas de catro a cinco metros

Afectar, principalmente ao noroeste da Coruña e á Mariña lucense.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/01/2019 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Parte de Galicia terá este martes aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora e por ondas de catro a cinco metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, durante este martes formarase unha baixa de 980 mb ao noroeste de Francia que aumentará a intensidade do vento e a altura das ondas.

Deste xeito, entre as 6,00 e as 12,00 horas deste martes o aviso será amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora no noroeste da provincia da Coruña e na Mariña luguesa, mentres que na montaña de Ourense e de Lugo manterase entre as 9,00 horas e o mediodía.

En canto ás ondas, o aviso amarelo permanecerá activo desde as 12,00 horas deste martes no noroeste da Coruña, A Mariña luguesa e a Costa da Morte por mar combinada con ondas de catro a cinco metros.

Avisos por vento forte. METEOGALICIA
Avisos por vento forte. METEOGALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta