Santiago é a cidade máis barata para aparcar o coche en zona azul e Ourense, a máis cara

O prezo na capital ourensá é de 0,60 euros a hora, mentres que en Compostela baixa a 0,55. Estacionar un vehículo en Vigo, Lugo e a zona xeral da Coruña supón 0,60 euros a hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela é a cidade galega máis barata para estacionar o coche en zona O.R.A. ou azul e Ourense, a máis cara, conforme ao estudo elaborado pola páxina de cupóns de desconto Cuponatio.

Zona azul.
Zona azul.

En Ourense, a súa zona azul custa 0,75 euros a hora e o límite de estacionamento é de 90 minutos. En cambio, en Santiago sitúase en 55 céntimos a hora.

Aínda que na tarifa xeral e de curta duración Santiago aproxímase aos prezos do resto de cidades galegas, dispón de mellores prezos para residentes e de longa duración, cun prezo de 0,25 euros a hora e un tempo límite de estacionamento de catro horas en ambos os casos.

Estacionar un vehículo en Vigo, Lugo e a zona xeral da Coruña supón 0,60 euros a hora. A única tarifa que se sae deste prezo é a xeral de curta duración da Coruña, cun prezo de 0,70 euros os 60 minutos e que non permite superar este tempo de estacionamento.

Se se teñen en conta as tarifas máis económicas nos parquímetros das principais cidades de España e capitais de provincia, o custo medio do estacionamento cada hora é de 0,71 euros. No caso das máis caras, o prezo por hora ascende ata os 0,98 euros.

Os concellos galegos permiten que quen supere o tempo de estacionamento sinalado no billete poida quitar a multa no parquímetro máis próximo. En Galicia, o pago medio desta operación é de 2,22 euros e oscila dos 1,50 euros da Coruña ata os 2,90 de Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta