Temas: PGE EN MAREA

En Marea mantén o 'non' aos Orzamentos do Goberno de Sánchez, pero confía nun acordo

Os representantes galegos esperan poder "ter pechado" este acordo antes do debate de totalidade.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/02/2019 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A portavoz de En Marea, Yolanda Díaz, lembrou este martes no Congreso que a súa formación aínda non alcanzou un acordo co Goberno para apoiar os Orzamentos Xerais do Estado de 2019, pero que confía en poder alcanzar un acordo co Goberno.

Xunta de Portavoces do Congreso dos Deputados. Ricardo Rubio - Europa Press
Xunta de Portavoces do Congreso dos Deputados. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

"Oito días son como oito séculos e, desde logo, (espero que) contribuamos todos, empezando por En Marea, que temos unha negociación dura e agora estariamos no 'non', que o tempo permita cambiar as contas para que nos sirvan a todas", manifestou Díaz antes de asistir á reunión de Xunta de Portavoces no Congreso.

Así, destacou que esperan poder "ter pechado" este acordo antes do debate de totalidade, tendo en conta que poucas horas despois dese debate finaliza o prazo para presentar as emendas parciais, que é trámite no que esperan recoller diferentes modificacións ao proxecto.

NEGOCIACIÓN BILATERAL CON FACENDA

Díaz sinalou que o pasado xoves a súa formación iniciou a "negociación bilateral" co Goberno, nun encontro que considera "moi proveitoso" e no que houbo "boa sintonía", pero cre que aínda se atopan "afastados" de "reverter os recortes" que contempla o proxecto de Orzamentos para Galicia.

"Temos poucos días antes do debate de totalidade para pechar un acordo co Goberno, e dicimos rapidamente porque ao día seguinte hai que presentar as emendas parciais. Por tanto, para En Marea obviamente ten que pechar un acordo para poder salvar as contas", dixo.

Temas: PGE EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

a ver se chegan a mellores acordos co PP de Casado ! Esto das negociacións bilaterais debaran aplicarse ás listas electorais de En Marea, deberan presentarse por separado Podemos / Eu e así o electorado poderíamos "negociar bilateralmente" a ver se chegamos a un acordo serio de vez !!!