Temas: LUGO SARRIA PP

Nova división do PP en Lugo

Manuel Sangil deixa o PP de Sarria tras 20 anos e encabezará unha candidatura independente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O concelleiro do Partido Popular en Sarria (Lugo) Manuel Sangil deixa o partido despois de 20 anos de militancia e anuncia que encabezará unha candidatura "independente" para as municipais do 26 de maio. É a terceira división deste partido na provincia logo dos problemas xurdidos en Viveiro e Monforte.

Sangil precisou que, "tanto" o seu grupo de "colaboradores", como o mesmo, acordaron presentarse ás eleccións. Apuntou que nos "próximos días" darase a coñecer o nome do novo partido. O histórico concelleiro popular confesa que "é unha decisión moi meditada" xustificada porque "non" están "de acordo con posturas que tomou o PP en Sarria".

Respecto diso, concreta que el xa estaba dado de "baixa" no partido, unha baixa "momentánea", matizou, aínda que non se volveu a dar de alta no PP. Con todo, mantén a acta de concelleiro, que quere conservar co fin de "respectar aos veciños" que o escolleron baixo as siglas do Partido Popular en 2015, aínda que comprendería que fose expulsado do grupo municipal, "ao tomar a decisión de ir noutra lista", apostilou.

Sangil matizou que a súa saída non obedece a problemas co presidente dos populares de Sarria e exalcalde, José Antonio García. "Non teño nada contra el", concluíu. No entanto, razoou que "non" lle parece "lóxico" que no seu día dixeran del que se "precipitara" ao invocar a convocatoria dun congreso extraordinario do PP de Sarria, afeando que "tanto a dirección provincial como o partido en Sarria deberon de dar ese paso".

"CUSTOUME MOITO"

Ademais, Sangil esgrimiu que "coa situación que houbo despois de perder unhas eleccións como se perderon en 2015, tendo maioría absoluta o PP, debeuse de dar o paso de facer un congreso e non pór a dedo a un candidato (José Antonio García) e paralizar este congreso". "Débese de respectar á militancia e non esconderse de face ao que creo que vai ser un desastre do PP nas municipais en Sarria", abundou.

Manuel Sangil afiliouse ao PP no ano 1999, ocupando distintas áreas de responsabilidade no Concello baixo os gobernos de José Antonio García, tamén foi o presidente de Novas Xeracións da comarca de Sarria durante oito anos. "É unha decisión que me custou moito", concluíu.

Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo
Elena Candia e José Manuel Barreiro nun acto en Lugo | Fonte: xornaldelugo.com

Temas: LUGO SARRIA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta