Premian un vídeo sobre cirurxía de cataratas realizado en Galicia

Foi realizado no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e premiado no II Curso de actuación para MIR da Sociedad Española de Cirugía Ocular.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

Un vídeo sobra unha cirurxía de catarata realizada polo Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) foi premiado durante o II Curso de actuación para MIR da Sociedad Española de Cirugía Ocular., celebrado en xaneiro en Toledo.

Ollo cataratas.
Ollo cataratas.

A residente de Oftalmoloxía de cuarto ano, Elena Casas Maroto, presentou como abordar unha complicación secundaria ao implante dunha lente intraocular nunha cirurxía de catarata.

O premio recoñece a resolución de forma orixinal, con cartucho de aplicación da lente en lugar de coas pinzas habituais, para conseguir o éxito cirúrxico, o que evitou realizar unha maior abertura do ollo.

Participaron tamén na intervención do vídeo a responsable do Servizo de Oftalmoloxía, Dolores Álvarez, e a especialista Nuria Oliver Pascual.

O Servizo de Oftalmoloxía do CHUS realizou en só un ano un total de 42.048 accións, con 1.665 cirurxías programadas, das que tan só 12 precisaron un ingreso hospitalario, e con 49 urxentes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta