O BNG advirte que "as consecuencias da xestión urbanística" en Barreiros "están á vista"

Logo de que o xulgado absolvera o alcalde, os concelleiros e a arquitecta municipal polo suposta concesión irregular de 44 licenzas de construción, o Bloque di que son os veciños os que "sofren" os efectos do "malgasto" e "abandono" por parte do Concello.

Por E.P. | LUGO | 12/02/2019 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O BNG advertiu de que as "consecuencias da xestión urbanística" no municipio de Barreiros, con Alfonso Fuente (Partido Popular) á fronte, "están á vista de quen queira velas" e son as que "sofren todos os veciños" do concello.

O xulgado do Penal número 2 de Lugo absolveu o alcalde de Barreiros -ademais de cinco concelleiros que formaban parte do goberno local en 2006 e á daquela arquitecta municipal- dun delito de prevaricación urbanística pola suposta concesión irregular de 44 licenzas para construír preto de 3.500 vivendas. 

"A resolución xudicial forma parte dun proceso que valora cuestións estritamente obxectivables e xurídicas, pero as verdadeiras consecuencias da xestión do PP en Barreiros son as que sufrimos os veciños e veciñas do concello", avisaron os nacionalistas. Reprochan que o municipio estea "na ruína económica como consecuencia do malgasto, sumido no abandono por parte dun goberno municipal e ausente, carente de iniciativas e ideas para mellorar".

A portavoz municipal, Ana Ermida, considerou que o feito de que o fallo xudicial fose nun ou noutro sentido "non vai cambiar nada na práctica", ao tempo que avisou de que esas son as "consecuencias dun modelo de xestión que se manifestou co boom urbanístico e que chega ata estes días, deixando unha imaxe de Barreiros nefasta".

Alfonso Fuente Parga, á esquerda, no banco dos acusados cos edís e a arquitecta municipal. AXM
Alfonso Fuente Parga, á esquerda, no banco dos acusados cos edís e a arquitecta municipal. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta