Feijóo pídelle ao Goberno de Sánchez o que non lle pedía a Rajoy; rebaixas nas viaxes pola AP-9

O presidente galego usa a transferencia da AP-9, que o PP rexeitaba pedir cando estaba no Goberno en Madrid, para atacar aos socialistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o PP presentará unha emenda no Congreso á lei de transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia que contemple un desconto nas peaxes do 25% para viaxes de ida e volta no mesmo día. Ademais, os populares proporán que o 1% do prezo que aumenta anualmente a vía "se pague con cargo" aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE).

Así o anunciou este mércores o líder do Goberno autonómico no Parlamento galego, como resposta a unha pregunta formulada polo portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen lle pediu o apoio para "impulsar unha axenda de autogoberno" que contemple traspasos dunha "lista non pechada de 30 competencias que están noutros estatutos de autonomía" do Estado.

Pero Feijóo pediulle que "non lle cambie de conversa", xa que o PGE de 2019, que precisamente se debaten en Madrid este mércores, son "lamentables" ao prever para Galicia unha baixada do investimento real que, nas súas cifras, alcanza o 26%.

Deste xeito, o presidente da Xunta preguntou ao PSdeG se vai apoiar a emenda ao traspaso da AP-9 que presentarán os populares no Congreso, á vez que lle tendeu a man a "pactar emendas no PGE" para que os investimentos na Comunidade galega sexan "iguais" aos de 2014. "Non lle pido máis, pídolle o mesmo esforzo investidor que tiñamos co PP" no Goberno, engadiu.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no pleno do Parlamento de Gali. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no pleno do Parlamento de Gali. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta