Protestas tras retirar Interior a seguridade privada dos cárceres e deixala en mans da Garda Civil

Os sindicatos anuncian concentracións diante das prisións para protestar pola perda de medio cento de traballos.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 14/02/2019 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Institucións Penais anunciou a intención de retirar aos Vixiantes de Seguridade que prestan servizo no exterior dos cárceres, devolvendo esta competencia de forma exclusiva aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Unha decisión que deixará sen traballo a medio cento de persoas que traballan nas prisions dgalegas de Teixeiro (A Coruña), A Lama (Pontevedra), Pereiro de Aguiar (Ourense) e as das das situadas na provincia de Lugo, Bonxe e Monterroso.

Prisión de A Lama
Prisión de A Lama

Desde a a Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) advirten que de executarse esta decisión unha vez sexa ratificada polo Ministerio do Interior, os despedimentos poderían comezar a partir do próximo 31 de maio, data na que irán finalizando os contratos con Interior das empresas de seguridade que prestan este servizo nas prisións.

Desde o sindicato cren que a intención do Goberno é a dunha retirada paulatina destes profesionais da seguridade privada, segundo a disposición de efectivos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para a cobertura dos servizos.

Por iso, FTSP-USO convocou concentracións en centros penais de toda España para o vindeiro luns 18 ás 11:30 horas. En Galicia terá lugar ante en Centro Penal de Teixeiro (A Coruña). 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta