Martiño Noriega: "Espero que a esquerda non pase á historia por actuar irresponsablemente o último ano"

O alcalde de Santiago declara que non hai que ter medo a que a xente practique o principio democrático do voto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 16:04

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago con Compostela Aberta, Martiño Noriega, mostrou a súa confianza en que as eleccións xerais do 28 de abril non representen "un paso atrás" coa chegada da "extrema dereita", que deixaría en cuestión o papel xogado no último ano polos partidos de esquerdas e que defenden un Estado diverso.

"Eu espero que a esquerda e os que cremos nun Estado diverso non pasemos aos libros de historia por actuar de forma irresponsable durante este último ano, e a xente quíteme razón con respecto aos meus temores ou respecto dalgunhas dinámicas que comprobo do Estado", ante a "forma de facer política da extrema dereita na que non me sinto representado", valorou Martiño Noriega, tras ser preguntado polos medios de comunicación sobre o adianto electoral.

Aínda que puntualizou "non hai que ter medo a que a xente practique o principio democrático do voto", confía en que "a data escollida e o movemento táctico permitan garantir un modelo de Estado plural e diverso a futuro" e "signifiquen un paso adiante e non representen un paso atrás", coa "chegada da extrema dereita blanqueada pola dereita".

Sobre o que non quixo realizar valoracións é sobre a votación de En Marea dos Orzamentos Xerais do Estado, co apoio de catro dos deputados e o rexeitamento da parlamentaria Alexandra Fernández. Argumentou que está "centrado nas municipais" e tratando de "blindar o espazo local". "Non me corresponde a min, xa fixen onte valoracións en clave local sobre o debate orzamentario e estou centrado nas municipais, porque se fago un chamamento á responsabilidade tócame a min ser responsable no meu ámbito e aínda que é importante a convocatoria de abril, é moi importante aquí en Santiago a de maio", remarcou.

Na mesma liña, tamén rexeitou opinar sobre o apoio este xoves do cofundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, aos deputados que desatenderon as directrices da dirección do partido instrumental En Marea e apoiaron a tramitación dos orzamentos. "A miña posición con respecto a Xosé Manuel é a que é historicamente e máis aló diso non vou variar, pero non vou participar do debate a ese nivel", asegurou, para concluír que está "a tratar de blindar o espazo local" no que "Compostela Aberta non ten ningún tipo de tensión a ese nivel".

Durante a inauguración do orbital que conecta a AP-9 coa Cidade da Cultura, en Santiago, lembrou que este xoves xa lamentou "publicamente" falando "en clave local" que non se puidese chegar a debater unha emenda encamiñada a garantir a conexión do aeroporto coa AP-9. "Parecía que había recepctividade para incluíla, a día de hoxe non se debateu a emenda, non temos orbital consignado, orzamentos prorrogados e eleccións en abril, por tanto, premio para os que nos levaron a esta situación", concluíu.

Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. Europa Press - Archivo
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 doutor who

Xa veras a que che espera ... de 1300 millons a 700 millons e tan tranquilos... aquí esto o que esta facendo o mareo... a xente ten que votar... ten que botalo!!! por inútil!-