GC Aberto

Cafés Feministas en Vigo

O vindeiro mércores, 5 de outubro, ás 18:00h, terá lugar a presentación, mediante rolda de prensa, do club de lectura "Cafés Feministas" impulsado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, situado na Biblioteca Pública Central (R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar). A ONG Implicadas no Desenvolvemento participará neste novo proxecto.

Por Implicadas | GC ABERTO | 04/10/2011

Comparte esta noticia

Comeza así a iniciativa "Cafes Feministas", que, ata o vindeiro mes de novembro, traballará coas obras Viajeras intrépidas y aventureras de Cristina Morató e La Biblia envenenada de Bárbara Kingsolver. Para máis información chamar ao Centro de Documentación e Recursos Feministas 986 229 074.

Implicadas coorganizará con esta institución o tradicional club de lectura solidario na cidade de Vigo a partires do mes de xaneiro, e do que informaremos debidamente e en profundidade aos medios unha vez que a programación estea elaborada. Nesta primeira presentación oficial dos clubs de lectura quedará reflectida a relación de colaboración entre Implicadas no Desenvolvemento e o Centro de Documentación e Recursos feministas para realizar dita actividade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta