A Eurocámara non investigará o suposto mal uso de fondos europeos para a prevención de lumes en Galicia

O ente supranacional arquivou a petición da Asociación Petón do Lobo, que acusaba á Xunta de "malgastar" os recursos e de non ofrecer "transparencia nin información" sobre as superficies queimadas. Tamén se pedía a inclusión do eucalipto na lista de especies invasoras

Por E.P. | BRUSELAS | 20/02/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A comisión de Peticións do Parlamento Europeo decidiu este mércores arquivar a petición dun cidadán galego que denunciaba o suposto mal uso de fondos europeos que debían de destinarse á ordenación de montes e prevención de incendios.

"Non existe transparencia nin información sobre superficies queimadas nin sobre labores de  extinción", criticou ante os eurodeputados o portavoz da Asociación Petón do Lobo que expuxo a queixa, Ismael Antonio López Pérez. López Pérez acusa á Xunta de "malgastar" os recursos recibidos por vía do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para a prevención de riscos e xestión de incendios no período 2014-2020 e reclama que se invista en ordenación de montes e prevención.

Así, defende que as medidas se orienten a corrixir causas estruturais e non "centre o seu negocio na extinción" de incendios, ademais de alertar do risco da expansión do eucalipto como especie invasora en Galicia e reivindicar a súa inclusión nunha lista europea de especies invasoras.

Un representante da Comisión Europea tomou a palabra para aclarar que de acordo á información de que dispón, os fondos asignados a Galicia para a loita contra os incendios xestionáronse de modo adecuado, o que permitiu executar o programa e desembolsar os fondos.  Ademais, Bruxelas descartou actuar para modificar a listaxe de especies invasoras adoptado en 2015 pola Eurocámara, porque considera que non é competente e "só" un comité científico español clasificou como invasiva esta especie. "Correspóndelle ás autoridades españolas decidir o seu tratamento", expresou o representante comunitario.

Durante o debate, os eurodeputados Ángela Vallina (EU), Lida Senra e Florent Marcellesi (EQUO) reclamaron que a petición se mantivese aberta e que a institución europea examinase a situación. "Vaiamos ao terreo e enfrontémonos á realidade", pediu Marcellesi, despois de que Senra chamase a atención sobre o feito de que o 70% dos incendios rexistrados en España producíronse en Galicia. Tamén esixiu investigar se os fondos asignados para substituír os eucaliptos "altamente inflamables" se destinaron a outros usos.se destinaron a outros usos.

Os eurodeputados do Partido Popular Rosa Estaràs e Francisco Millán Mon, pola súa banda, defenderon a xestión da Xunta nos últimos anos e argumentaron que o número de incendios se reduciu nun 50%  no último lustro.

ANA MIRANDA (BNG)

Pola súa banda, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, asegurou que, tras a decisión da Eurocámara, a formación frontista "seguirá estando atento ao control das axudas concedidas". "Para Galicia é fundamental saber se os fondos europeos se utilizan correctamente en todos os casos, pero temos que ter en conta que o tema dos incendios nos afectacada ano de forma moi particular", incidiu.

Así, tras pór o foco no "uso masivo" do eucalipto en "boa parte da rexeneración das áreas queimadas", Miranda instou a "modificar o actual modelo de xestión do monte que teña en conta o cambio climático e a prevención de incendios e que poña en marcha unha nova política de desenvolvemento rural".

Incendio de Cotobade (Pontevedra). EUROPA PRESS - Arquivo
Incendio de Cotobade (Pontevedra). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 RPk

O millor desenvolvemento rural e a libertade dos propietarios para plantar o que desexen nos seus terreos, o que pasa e que os políticos teñen alerxia a que a xente decida por si mesma. Quen queira plantar eucaliptos que os plante, os políticos e os funcionarios que se vaian ás Caixas de Aforros.

1 Medulio

E tamén para facerse cargo da extinción dos lumes nas suas plantacións mediante seguros privados!! E non con cartos públicos....Cos meus cartos non quero defenderlle a riqueza de outros...que eu non saco nada!! Cada can q lamba seu carallo!!